lunes. 14.10.2019 |
El tiempo
lunes. 14.10.2019
El tiempo

Vilán acusa ao PP de vetar no Parlamento as súas propostas para Pontevedra

Patricia Vilán. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Patricia Vilán. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A parlamentaria socialista Patricia Vilán acusou este mércores ao PP de ser "o principal obstáculo" para as necesidades de Pontevedra. Así o dixo logo de que os populares vetaran no Parlamento unha proposta socialista para pedirlle á Xunta orzamento para cumprir con "once medidas para a cidade".

Vilán acusou ao PP de rexeitar a reforma do Hospital provincial, a creación de equipos definitivos de Valoración da Discapacidade e á conservación do Pazo de Lourizán, entre outros.

En resposta, a popular Maribel Novo dixo que "entendemos que o PSOE queira buscar protagonismo, pero a aposta da Xunta por Pontevedra é evidente".

Vilán acusa ao PP de vetar no Parlamento as súas propostas para...
Comentarios