domingo. 22.09.2019 |
El tiempo
domingo. 22.09.2019
El tiempo

Vilán reclama á Xunta un centro público de maiores para a Boa Vila

Patricia Vilán. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Patricia Vilán. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A socialista pídelle a Núñez Feijóo que "cumpra o seu compromiso" e aprobe un plan de investimento

A parlamentaria socialista Patricia Vilán reclamou este xoves ao Goberno galego un plan de investimentos en centros residenciais para maiores e dependentes que afronte e elimine "as graves deficiencias" da Residencia do Maior de Pontevedra.

Vilán presentou unha pregunta oral na Comisión parlamentaria para esixirlle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que "cumpra co seu compromiso de facer unha nova residencia pública na cidade".

A socialista lamentou que o Executivo autonómico sinalase na citada Comisión que "é inviable un sistema totalmente público" para as residencias de maiores de Galicia, a pesar de que a parlamentaria lle esixiu a Núñez Feijóo a creación dunha "nova residencia de maiores pública na cidade e con prazas públicas".

Patricia Vilán criticou, ademais, que a Consellería de Política Social teña agardado ata as eleccións municipais para remitirlle unha carta ao Concello capitalino para que poña a disposición da Consellería terreos para facer unha nova residencia.

A parlamentaria pontevedresa lembrou que o compromiso data do ano 2017, cando o presidente da Xunta anunciara un novo centro residencial para maiores e dependentes en cada unha das grandes cidades de Galicia, incluíndo a Boa Vila.

FALTA DE PERSOAL. Neste sentido, Vilán advertiu que o edificio situado no barrio de Campolongo, aberto no ano 1993, acumula unha escaseza de persoal "alarmante", ademais de "graves deficiencias nas instalacións".

Sinalou que fai falta cubrir as "necesidades básicas e mínimas nos departamentos de Enfermería, Cociña, Medicina, Fisioterapia, Psicoloxía e Terapia Ocupacional" e por todo isto reclamou un plan de investimentos que "elimine as deficiencias nas instalacións e a escaseza de persoal".

Vilán reclama á Xunta un centro público de maiores para a Boa Vila
Comentarios