Lunes. 19.11.2018 |
El tiempo
Lunes. 19.11.2018
El tiempo

Vinte anpas recibirán subvencións municipais para diversas actividades

As axudas van desde os 944,81 euros até os 2.000 euros

Vinte asociacións de nais e pais de centros de ensinos de Pontevedra (que imparten Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria) solicitaron axudas ao abeiro da convocatoria de subvencións ás Anpa para o desenvolvemento de accións no eido da educación durante o curso escolar 2017/2018 do Concello.

O Concello informou este mércores de que todas serán atendidas. As axudas concedidas van do 30 ao 50% do valor dos proxectos presentados e teñen unha contía máxima de 2.000 euros. O importe total das axudas a conceder ascende a 24.669,91 euros.

Doce das ANPA recibirán axudas de 944, 81 euros (ao subirse a cantidade inicial de 800 euros co reparto da cantidade sobrante), cinco recibirán 1.500 euros e 3 recibirán 2.000.

Festas escolares, actos das Letras galegas, do 8 Marzo, zumba, inglés, campamentos, obradoiros extra escolares, patinaxe, festivais fin de curso, de gradación… son exemplos de actividades promovidas polas asociacións de nais e pais dos centros educativos susceptibles de acollerse as subvencións do Concello.

As asociacións que recibirán 994,81 euros
• ANPA Bolboreta do CEIP Cabanas-Salcedo
• ANPA O Miradoiro do CEP Marcos da Portela
• ANPA O Areeiro do CEIP San Bieito de Lérez (777,00 euros)
• ANPA Os Campos da EEI Fina Casalderrey
• ANPA CEIP Santo André de Xeve
• ANPA Helenes do IES A Xunqueira II
• ANPA O Verxel do IES Sánchez Cantón
• ANPA San Miguel de Marcón
• ANPA Pardo Bazán
• ANPA San Martiño do CEIP Igrexa- Salcedo
• ANPA Río Lérez
• ANPA Virxe do Carme do CEIP Ponte Sampaio

 

As asociacións que recibirán achegas de 1.500 euros
• ANPA Celso Emilio Ferreiro CEIP A Xunqueira I
• ANPA do CEP San Xosé
• ANPA O Galo do CEIP Praza de Barcelos
• ANPA Andaina do CEIP A Xunqueira II
• ANPA Anduriña da EEI Concepción Crespo Rivas

 

As asociacions cuxos proxectos recibirán 2.000 euros
• ANPA San Pedro do CEIP Parada-Campañó
• ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses
• ANPA OS Valados do CEIP Vilaverde-Mourente

Vinte anpas recibirán subvencións municipais para diversas actividades
Comentarios