'Un violador en tu camino' interpretouse no Campus de Pontevedra

'Un violador en tu camino', en el Campus de Pontevedra. JAVIER CERVERA
photo_camera 'Un violador en tu camino', en el Campus de Pontevedra. JAVIER CERVERA

Unha trintena de estudantes da facultade de Ciencias da Educación participaron onte nunha performance reivindicativa de cara ó 8-M. Trátase de Un violador en tu camino, creada polo colectivo chileno Lastesis e dirixida a denunciar as violacións dos dereitos das mulleres, que foi interpretada nos últimos meses por movementos feministas de todo o mundo.

A iniciativa, impulsada pola vicepresidenta da delegación de estudantes, Zeltia Augusta, contou con participantes de distintas titulacións.

Comentarios