"Visto isto non descartamos celebrar este ano PortAmérica noutro formato"

O sector aplaude os protocolos coma punto de partida cara unha flexibilización das medidas
Kin Martínez. DP
photo_camera Kin Martínez. DP

Kin Martínez, director e fundador de Esmerarte, é un dos galegos con máis rodaxe na xestión de eventos musicais. Ao seu cargo corre a organización de festivais como PortAmérica ou O Son do Camiño, e a planificación de axendas de artistas de sona como Xoel López ou Vetusta Morla. Actualmente preside a Federación de Música de España, que representa a 120.000 axentes do sector musical.

Como recibe os protocolos que vén de presentar a Xunta?

Levamos moito temo pedindo un protocolo que unifique os criterios en materia de seguridade e saúde, e que nos permita facer unha planificación do traballo a medio e longo prazo. Demostramos claramente que realizamos unha actividade segura, pero para poder traballar hai que partir dun protocolo que permita dar viabilidade aos proxectos. Para nós é fundamental que a experiencia do público sexa segura, pero tamén que poida desfrutar (...), polo que tamén agardamos que a normativa se flexibilice.

Como cre que responderá o público ante estas propostas?

Cos límites de aforo é difícil chegar ás 10.000 persoas. Creo que o máis factible será traballar no entorno de 5.000 persoas e avanzar cara un espazo mixto, con xente de pé e xente sentada, cumprindo coa normativa de cada aforo.

Ve isto como unhas propostas de partida que se poderán ir relazando conforme mellore a situación...

Sen dúbida, é un punto de partida que hai que fixar. Un documento aberto no que me atrevería a dicir que semanalmente se introduzan modificacións a medida que vaiamos saíndo da desescalada e achegándonos á normalidade.

Como respira a axenda deste verán. Haberá moitas citas musicais na zona de Pontevedra?

Só podo falar do meu. Entendo que todo iso é unha moi boa nova. No caso de PortAmérica decidimos un adiamento, porque ten unha parte de agastronomía moi importante. Pero visto todo isto non descartamos que neste propio ano poidamos facer outro tipo de formato. No resto veremos como poder reactivar as xiras.

Comentarios