miércoles. 16.10.2019 |
El tiempo
miércoles. 16.10.2019
El tiempo

As voces enredadas dun cuarteto de luxo pechan a 15 edición de Cantos na Maré

Roteiros, actuacións e obradoiros completaron unha programación didáctica e musical. G. GARCÍA
Roteiros, actuacións e obradoiros completaron unha programación didáctica e musical. G. GARCÍA
Uxía, Ugia Pedreira, Martirio e Carmen París puxeron o broche de ouro ó festival

O festival despediuse este domingo de Pontevedra logo de envolver a cidade con sons de ambos lados do Atlántico durante tres días. Así, Cantos na Maré baixou o pano na tarde de onte, trala celebración do espectáculo Enredadas: Coplas e Alalás no que se uniron o jazz flamenco de Martirio, a voz atlántica de Uxía, a forza maña de Carmen París e a orixinalidade poética de Ugia Pedreira. Catro mulleres que reinventaron e revolucionaron a copla e os alalás e lles deron unha nova vida e unha nova visión coa que onte encandilaron a audiencia de Cantos na Maré. As prazas e rúas da Boa Vila e os principais escenarios acolleron as voces elixidas este ano para entrelazar diferentes culturas a través da lingua e da música. 

E aínda que a actuación deste cuarteto de grandes voces pechou o festival, a mañá xa arrincou moi musical cun roteiro pola cidade dirixido por Xurxo Souto que partiu das Ruínas de Santo Domingo e convidou a moitos a cantar. 

Os máis pequenos tiveron tamén a oportunidade de adentrarse nesta maré cultural que cumpriu quince anos de vida da man dun obradoiro infantil de instrumentos antigos no Museo de Pontevedra. A mesma institución acolleu a performance Melancoholemia, de Antón Reixa contra o mediodía. 

A música envolveu ás rúas durante todo o día

As actuacións pola rúa seguiron con Livia Mattos con Sanfonástica. Mentres, Maria João e Pablo Lampidusas ofreceron un concerto de jazz no Teatro Principal e o Coro da Mariña encheu a Praza da Pedreira coas súas voces. A agrupación, dirixida por Pierrot Rougier e a compositora Ugia Pedreira, interpretou as súas pezas para toda a xente que se achegou por alí. 

Xa pola tarde os actos comezaron co Serán Cantos na Maré, que tiveron como escenario a Praza da Pedreira. E o Teatro Principal acolleu o concerto da compositora e pianista catalana Clara Peya tamén ante un público entregado e acolledor. 

As voces enredadas dun cuarteto de luxo pechan a 15 edición de...
Comentarios