A volta ao cole ten premio no Centro Comercial Urbano

Os clientes que merquen nos establecementos integrados no CCU Zona Monumental recibirán unha papeleta para participar no sorteo de dez iPads
2020082613440841228
photo_camera Un dos sorteos realizados en anos anteriores. GONZALO GARCÍA

O CCU Zona Monumental tivo que suspender, por mor da crise actual, a xa tradicional campaña Volta ao Cole. Secasí, neste ano atípico, a Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental levará a cabo, durante os días 1 ao 15 de setembro, ambos inclusive, a campaña Volta ao Cole, que pretende premiar a fidelidade dos clientes, transmitindo ao consumidor un atractivo promocional que incentive a compra nos diversos establecementos asociados ao CCU, ofrecendo a posibilidade de acadar premios significativos.

A promoción abarca aqueles locais comerciais e demais empresas integradas na asociación, sempre e cando os mesmos se atopen abertos ao público e en normal funcionamento durante o período indicado. Por cada compra neles, os clientes recibiran unhas papeletas, que terán que ir obrigatoriamente seladas polo establecemento, para entrar no sorteo de 10 iPad de 32GB de 10,2". Estas entregaranse na oficina da asociación antes do 17 de setembro, de 9 a 14, ou poderán ser depositadas nos mesmos locais, onde as recollerá o persoal da asociación. O sorteo realizarase na súa sede o día 17 ás 13.00 horas, e só será válido un premio por persoa. Para esta campaña, o CCU conta coa colaboración da Xunta de Galicia e de Froiz.