Volta ao mundo en tres kilómetros: unha viaxe gastronómica a través da Boa Vila

México, Brasil, Venezuela, Italia, Marrocos, Grecia e Líbano ou Xapón son algunhas das paradas deste traxecto, que garda segredos traídos dende outros continentes e sabores especiais que non perden de vista á Galiza tradicional
Un dos pratos que ofrece o restaurante marroquí Dükela. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Un dos pratos que ofrece o restaurante marroquí Dükela. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Un perímetro de tres kilómetros é o resultado dunha ruta gastronómica pouco común para rodear Pontevedra. A viaxe despega cun voo directo dende Quintana Roo, ou en xeogafría pontevedresa, Rúa Nova de Arriba, preto da Alameda.


Un Rincón Mexicano

Varios pratos en Rincón Mexicano. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Varios pratos en Rincón Mexicano. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

En 1982 abría na cidade do Lérez o primeiro restaurante mexicano –este ano cumple o seu 40 aniversario–, de migrantes retornados. Dende a cociña contan que os comezos foron duros, pois o aguacate e o chili nos oitenta non eran doados de atopar en Pontevedra.

O segredo mellor gardado é o muíño que empregan para a fariña de millo –galego– coa que fan os totopos e tamales. Era o xeito que tiñan de facela os maias, fervendo o millo para descascarillalo e obter unha fariña húmida e o mellor, apta para celíacos.

Ao contrario do que poda parecer, por tópicos, a comida non leva demasiado picante, e de levalo, é suave e póñeno no lado, por si acaso. Non hai excusa posible para non probar as carnitas, os totopos ou enchiladas.


El Crack

Pratos de Brasil en El Crack. GONZALO GARCÍA
Pratos de Brasil en El Crack. GONZALO GARCÍA

Deixando á dereita a Praza de España, e baixando pola Rúa do Arzobispo Malvar, se escoita samba, antes de chegar ós restos da Muralla de Pontevedra. El Crack oferta combinacións infinitas de croquetas do Brasil, por suposto, en fusión coa gastronomía galega. A diferencia principal está na masa. As da terra das américas non levan bechamel, a masa é dura, rebózanse en ovo e van recheas de carne, polo, lacón, grelos, queixo... Prepáranse nunha máquina que cruzou o charco, ata chegar á Boa Vila.

Ademais das croquetas, en El Crack, os domingos prepárase feijoada, un prato típico. Tamén hai zumos de froitas típcas do amazonas, Guayaba, Maracuya, e Caipirinha feita con cachaça ao estilo tradicional.


Arepa's Gastrobar

Pabellón criollo en Arepa's Gastrobar. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Pabellón criollo en Arepa's Gastrobar. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Antes de despedir Sudamérica, malia que sempre para volver, imprescindible unha parada en Venezuela. E na Rúa Sarmiento, Arepa´s Bar, como seu propio nome indica, prepárase un dos máis deliciosos pratos típicos deste país tan cercano a Galicia.

Nas paredes símbolos da cultura venezolana e unha cocina á vista na que se preparan as arepas e cachapas. Tamén o prato tradicional pabellón criollo, con numerosas opcións para combinar.


Dükela

Prato típico marroquí en Dükela. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Prato típico marroquí en Dükela. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Un arrecendo a especias invade o sentido do olfato. O tahini traslada ao viaxeiro a Marruecos, preto da praza da leña, na Rúa Figueroa. É o restaurante Dükela, o único especializado do norte de España.

Dende a súa apertura situouse no número 1 de TripAdvisor e como especialidades suxiere tenreira con ameixa caramelizada ou hummus marroquí, tamén o falafel marroquí, e din que para saber a diferencia co resto "hai que probalo". O nome ten orixe na rexión marroquí de mesmo nome,ao sul de Casablanca, rica en materias primas de minerais e tamén en agricultura e gandaría


Feitizo Mediterráneo

Feitizo Mediterráneo. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Feitizo Mediterráneo. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Deixando atrás a Praza da Leña, continúa a viaxe a Oriente, subindo cara a dereita, na Rúa Padre Luis María Fernández, parece escoitarse a melodía do punji, o instrumento dos encantadores de serpes. Trátase de Feitizo Mediterráneo, onde se atopan os pratos da ruta da seda, dende Grecia, até o Líbano.

Os máis solicitados son as Musacas, uns pasteis de carne ou espinaca, berenjena e bechamel; as Shawarmas, carne enrolada nun pan típico; e coma postre, a Baklava, un laminado con recheo de frutos secos. Dende a cociña aseguran que a fusión de ambas cociñas non é extrana, "los árabes y griegos discuten por quién inventó la Baklava".


Kenzo Sushi Bar

Uramaki Tobago e Uramaki special en Kenzo Sushi Bar. GONZALO GARCÍA
Uramaki Tobago e Uramaki special en Kenzo Sushi Bar. GONZALO GARCÍA

O continente Asiático ten muito que ofrecer. Cociña elaborada, ou quizáis cruda, de Belorio Porto a José Casal chegamos ao Nipón. Kenzo Sushi Bar traslada ós máis atrevidos até a outra punta do mundo. O restaurante conserva o lugar onde abriu o primeiro sushi da cidade, o sushi man que tiñan nese primeiro restaurante foi quen ensinou a técnica de elaboración ao personal actual, e así continuou a tradición.

Afirman que os pontevedreses achéganse en dúas modalidades, os de primeira experiencia e os experimentados. Os primeiros adoitan pedir versión de rollitos con peixe cociñado, langostinos , polo ou lubina en tempura, a base de ir probando e atrevéndose a xente remata por non pedir rolos, para estes as eleccións máis comúns son o tartar, o sashimi e peixes crudos, ás veces, sin arroz.


Mare e Monti

Linguine de Gragnano en Mare e Monti. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Linguine de Gragnano en Mare e Monti. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Para rematar esta andaina, na que non podía faltar unha esquisitez para os padais exixentes, antes de emprender a volta a casa, a última parada é un clásico cun toque rompedor. De José Casal viramos á esquerda pola Rúa Virxe do Camiño e se chega a Eduardo Pondal, alí se sitúa o restuarante Mare e Monti. Este ristorante italiano é especial porque non ten pizza, nen bolognesa, tampouco carbonara.

Seus propietarios defínneno coma un laboratorio onde se diverten coa comida. Mesturan recetas tradicionais ou das avoas e trasládannas a 2022. Un prato forte sería a Linguine de Gragnano, con salsa de ajo negro, trufa negra e langostino e de postre unha versión do tiramisú, en forma de gran de café. Con esta parada voltáse a casa despois dos 3km máis saborosos da nosa vila.

Comentarios