Volve O Ganapán con novos obradoiros para os máis pequenos de Pontevedra

As actividades están dirixidas a nenos e nenas de 4 a 10 anos
Unha das actividades desenvolvidas no Ganapán. RAFA FARIÑA (ADP)
photo_camera Unha das actividades desenvolvidas no Ganapán, o pasado mes de setembro. RAFA FARIÑA

O espazo infantil O Ganapán retoma esta fin de semana a súa actividade con novos obradoiros no Mercado de Abastos de Pontevedra. Tal e como sinala a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, os talleres están destinados a nenos e nenas de 4 a 10 anos e "desenvolveranse o sábado 16 e o domingo 17 de xaneiro en dúas sesións, ás 11.00 e ás 12.30 horas".

O espazo infantil O Ganapán retoma a súa actividade (1)

En concreto, segundo explica Blanco, "na xornada do sábado haberá un Espazo Gastro no que se preparán e degustarán cocadas cunha receita moi saborosa e nutritiva, e un Espazo Crea, no que os rapaces deixarán voar a súa creatividade para elaborar coloridos avións con pinzas e paus de xeado".

Os participantes nos obradoiros deberán inscribirse na dirección de correo [email protected]

"Para o domingo", continúa a socialista, "está previsto degustar unha receita de panini diferente, divertida e sorprendente no Espazo Gastro e un taller baixo o título de Sementar, sementarei! no Espazo Crea, no que se empregarán caixas de ovos de cartón para convertelas en pequenas sementeiras".

O espazo infantil O Ganapán retoma a súa actividade (2)

Todos aqueles nenos e nenas que queiran participar poderán inscribirse a través do correo electrónico [email protected].

Comentarios