Miércoles. 14.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 14.11.2018
El tiempo

Volve a Máxima a Pontevedra

Concierto de Mäxima FM en 2015. RAFA FARIÑA
Concierto de Mäxima FM en 2015. RAFA FARIÑA

A Praza de España acollerá este martes ás 22.30 horas o concerto que ofrece cada ano Máxima FM

QUEN se decante máis pola música dance que polas baladas pode optar este martes ás 22.30 horas polo concerto da Máxima FM en vez de acudir ao de Andrés Suárez, que comeza á mesma hora na Praza da Ferraría.

Ambos están encadrados nas Festas da Peregrina e contan con acceso libre e gratuíto, pero a emisora de radio ten máis tradición nelas, xa que vén ofrecendo concertos desde o 2010, coa única excepción do 2013, o 2016 e o 2017.

CONDUTORES E DJ. Este verán o concerto contará coa presenza dos locutores do programa das mañás de Máxima FM, Mucho Max: Jesús Taltavull e Myriam Rodilla. O morning show que presentan emítese de luns a venres entre as 06.00 e as 10.00 horas, o que converte a Taltavull e Rodilla nos encargados de espertar e acompañar ao lugar de  traballo ou estudo a moitos dos oíntes de Máxima FM.

Aos presentadores de Mucho Max sumarase mañá Ramsés López, que traballa nas cabinas da emisora como DJ todas as tardes, de 13.00 a 17.00 horas.

O concerto irá acompañado dun espectáculo acrobático a cargo do galego Pablo Méndez, propietario dunha empresa de performances.

O concerto, que comezará ás 22.30 horas na Praza de España, centrarase na música dance, a especialidade da emisora, pero incorporará tamén outros temas comerciais e de actualidade. O seu remate está previsto para as 01.00 horas.

Volve a Máxima a Pontevedra
Comentarios