Volve ás rúas de Pontevedra o horror que foi real

O Concello revive ás mulleres que padeceron a represión franquista nun roteiro pola cidade

Un momento del roteiro organizado en Pontevedra. JAVIER CERVERA
photo_camera Un momento del roteiro organizado en Pontevedra. JAVIER CERVERA

Custodia Gama volveu varrer as rúas coa cabeza rapada. Unha morea de xente desfilou este domingo polas rúas ao berro de "viva Franco" para recrear as mobilizacións de apoio ao ditador e os fascistas volveron requisar bens e propiedades de familias republicanas.

O horror do fascismo volveu este domingo a Pontevedra nun roteiro organizado polo programa do Concello A Memoria das Mulleres no que a Aula de Teatro de Pontevedra, dirixida por Anxo Lourido, representou algunhas das escenas reais que transcorreron durante a represión. Tamén actuaron os músicos Lucía César e Manolo Dopico. O percorrido comezou no Pazo Provincial, onde se celebraban xuízos e onde se condenou a morte ás dúas mulleres fusiladas na cidade: Elvira Lodeiro e Consuelo Acuña. Montse Fajardo encargouse do guión e das explicacións de cada unha das escenas.

A anguria das condeadas ás portas do Pazo Provincial deu comezo ao roteiro, que continuou na parte traseira da Audiencia Provincial, en 1936 cárcere de mulleres onde estivo presa Josefina Arruti, muller do alcalde republicano Bibiano Osorio Tafall. As actrices da Aula de Teatro representaron tamén o momento no que Enma Tourón tivo que entregar ao seu fillo menor ás irmás Martínez, coñecidas como As Corseteiras, mentres ela estaba presa no cárcere pola súa participación na resistencia republicana.

Recreáronse tamén as humillacións a Custodia Gama, torturada, rapada e humillada para que delatase o paradoiro do seu irmán. Estre outras cousas, fixérona varrer a Praza da Peregrina coa cabeza rapada e un letreiro no que puña «soy una roja». Non desvelou onde estaba o seu irmán Tino, mais os falanxistas deron igualmente con el e fusilárono. O percorrido foi todo un éxito e superou ampliamente o público para o que estaba pensado, 50 persoas.

xUn momento del roteiro organizado por el Aula de Teatro. JAVIER CERVERA

Comentarios