Muller e ciencia. Rumbo ao 8-M

"Xa non abonda cos plans de igualdade"

Os esterotipos de xénero e a falta de referentes están detrás da falta de vocacións tecnolóxicas entre as rapazas. É só unha das conclusións do encontro mantido entre Elsa Vázquez, Mari Álvarez Lires e Elena Alonso, tres mulleres do eido científico e da universidade, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, que, convocadas por Diario de Pontevedra co gallo do 8-M, analizaron o papel da muller na ciencia e as claves do seu futuro.
A presidenta provincial e as científicas e docentes Elsa Vázquez, Mari Álvarez Lires e Elena Alonso, convidadas a un Café de Redacción sobre Muller e ciencia. DAVID FREIRE
photo_camera A presidenta provincial e as científicas e docentes Elsa Vázquez, Mari Álvarez Lires e Elena Alonso, convidadas a un Café de Redacción sobre Muller e ciencia. DAVID FREIRE

Na era das novas tecnoloxías, nun mundo que avanza a pasos de xigante en intelixencia artificial, as mulleres seguen estando infrarrepresentadas nas áreas do coñecemento tecnolóxico. Nas consideradas carreiras STEM elas constitúen menos do 36% do alumnado nas titulacións, cando supoñen o 56% da matrícula nas universidades españolas. Nalgúns casos a presenza feminina permanece estancada desde hai décadas ou vai a menos. Así, en estudos de desenvolvemento de software hai unha década se contabilizaba un 23% máis de mulleres e informática un 9%.

Por ámbitos de coñecemento: Enxeñería Informática (entre un 12 e un14%), Enxeñería Mecánica (17%) e Enxeñería Eléctrica (19%), están á cola da preferencia das estudantes.

Máis datos. Só o 23% dos reitorados da universidade deste país conta cunha muller ao fronte, e o 24% das cátedras da universidade española está en mans dunha muller, cifra que se reduce de novo ata o 20% no caso das carreiras tecnolóxicas. Porén á hora de presentar as teses a porcentaxe é de 48% mulleres e 52% homes. 

Estas son algunhas das cifras que se puxeron de relieve no encontro mantido esta semana entre tres mulleres do eido científico tecnolóxico e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, institución que promove programas que pretenden impulsar precisamente as vocacións científicas entre as rapazas, así como poñer o foco nas referentes máis cercanas.A catedrática de Zooloxía da Universidade de Vigo (UVigo) e vicedecana de Ciencias del Mar, Elsa Vázquez Otero;; a directora da Escola de Enxeñería de Minas (UVigo) e profesora Elena Alonso; e a científica e doutora en Químicas, profesora xubilada, Mari Álvarez Lires, debateron convidadas por Diario de Pontevedra, sobre a situación da muller na ciencia, o seu papel e as claves do seu futuro.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, no Diario de Pontevedra. DAVID FREIRE
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, no Diario de Pontevedra. DAVID FREIRE

A igualdade ten que ter máis presenza no discurso político" (Carmela Silva)



"Sempre houbo e haberá mulleres en todo o eido do coñecemento, a ciencia e a investigación, pero hai unha cousa que non se pode negar: ocupan menos espazo público e teñen menos recoñecemento académico e social", abre a presidenta provincial o debate facendo unha pequena radiografía da situación actual da ciencia e a muller. "Isto ten moito que ver con que eles tamén dominan o espazo público. O patriarcado fai que os ollos se poñan no home", salienta Carmela Silva. 

Durante preto de dúas horas as catro examinaron polo miúdo a situación da muller na ciencia poñendo a lupa en cuestións como a fenda de xénero ou a maternidade, a importancia das cuotas e os teitos de cristal que aínda prevalecen. "El techo de cristal de la carrera investigadora tiene que ver con la maternidad", subliña a investigadora Elsa Vázquez. 

 "Ahora las carreras científicas se dilatan  tanto que no consigues estabilizarte en tu plaza hasta los cuarenta y tantos años. ¿Qué pasa si quieres ser madre?". No eido científico supón un freo. "Te estancas en las titularidade"», di Elsa Vázquez, con decenas de proxectos de investigación ás súas costas. "En esa etapa de crianza no me pude meter en retos nuevos, no quise porque quería focalizar toda mi energía en el cuidado y disfrute de mis hijas. Mientras mis compañeros varones reconocen que la paternidad supuso un cambio en la vida pero no en la investigación".

 

A catedrática e vicedecana da facultade de Ciencias do Mar da UVigo, Elsa Vázquez Otero. DAVID FREIRE
A catedrática e vicedecana da facultade de Ciencias do Mar da UVigo, Elsa Vázquez Otero. DAVID FREIRE

 Hasta que esto mejore tiene que haber cuotas» (Elsa Vázquez)


Por que se elas suman o 41% do persoal investigador non se traduce no número de catedráticos na universidade ou de directivos nos centros de investigación? De novo as cifras delatan a realidade. O Centro Superior de Investigación Científica (CSIC) conta con 143 centros en toda España dos que só 35 están dirixidos por mulleres, subliña a vicedenaca da facultade de Ciencias do Mar.

AS NENAS E A CIENCIA

Preocupa a falta de mulleres nas titulacións científicas e tecnolóxicas por parte das nenas e rapazas, tanto na universidade como na formación profesional. Aí teñen moito que ver os estereotipos de género, advirten.

"La construcción del estereotipo es brutal», sinala a directora da Escola de Enxeñería de Minas. "El porcentaje de mujeres que cursaban esta carrera hace 25 años es el mismo que el de hoy. Está estancado", di Elena Alonso. "Y no es necesario ser Superwoman ni tener un talento especial para ser ingeniera o científica", sentencia.

 

A doutora en Enxeñería de Minas e directora da Escola de Enxeñería de Minas da UVigo, Elena Alonso. DAVID FREIRE
A doutora en Enxeñería de Minas e directora da Escola de Enxeñería de Minas da UVigo, Elena Alonso. DAVID FREIRE

No es necesario ser Superwoman ni tener un talento especial para ser ingeniera o científica" (Elena Alonso)


"O que pasa é que se vai dirixindo cara onde ten que ir a nosa vida profesional e persoal desde pequenas", engade pola súa banda a presidenta provincial. "Temos moi arraigado algo fundamental para a humanidade, que son os coidados. As mulleres do noso arredor eran quen coidaban mentres os homes ocupaban unha profesión e o espazo público"..  

"No hay más que ver el catálogo de juguetes. O cambiamos como sociedad o no vamos a hacer nada", apunta Elsa Vázquez Otero para explicar a construción do estereotipo desde a sociedade, mentres que a súa compañeira da UVigo fala do papel da muller no eido audiovisual. "Hay un índice que mide el papel de las mujeres en la película e identifican cuántas mujeres tienen un diálogo que no sea sobre la casa, la pareja o la belleza y es tremendo".

REFERENTES

A construción do estereotipo de xénero non é a única causa da escaseza de vocacións científicas entre as nenas. As expertas poñen o foco na falta de referentes, algo que se está a encarar co achegamento da realidade da ciencia á aula. Ata non hai moito só o 7,5% das persoas das que se falaba nos libros de texto eran mulleres. "Iso estase a corrixir".

Mari Lires, pola súa banda, apunta a unha idea que todas compartirán. As institucións, en xeral, non só as políticas, teñen que mudar e "poñer estereotipos fóra".  E para iso cómpre unha."renovación profunda". ´´E preciso un cambio de paradigma. A institución segue a ser androcéntrica. Na Administración pública, na Universidade... facemos uns plans de igualdade que  como moito atacan os síntomas pero non van ao fondo do problema", sentencia Mari Lires. 

 

A investigadora científica e docente xubilada Mari Álvarez Lires. DAVID FREIRE
A investigadora científica e docente xubilada Mari Álvarez Lires. DAVID FREIRE

Hai que facer un DAFO das institucións e non ter medo ao que saia" (Mari Álvarez Lires)


"Xa non abonda cos plans de igualdade", conclúen as científicas. Non chega con incluílas a elas nos libros de texto, organizar charlas... A acción ten que ir ao fondo "e iso significa que o 50% dos que teñen o poder téñeno que deixar. A única forma de que as mulleres esteamos na metade de todo é que unha parte que está ocupando a que non lle corresponde a deixe. E iso é complicado", sentencia Carmela Silva.

Para iso, apostilla Mari Lires, é preciso analizar "como é debido" ás institucións e «non ter medo a que saia o que teña que saír», di a química, que pon o acento noutro concepto: a ilusión da igualdade. "Nos meus tempos tiñamos claro que non había igualdade.Agora as rapazas pensan que non hai discriminación de ningún tipo. Din que escollen o que queren pero cando profundizas con elas decátanse dos estereotipos que as acompañaron desde o berce".

AS CONCLUSIÓNS

 "O planeta non ten futuro sen a metade do mundo"

Malia todo, a conclusión, sosteñen as mulleres participantes neste encontro, non pode ser negativa. "Houbo moitos avances. Hai cen anos non había mulleres na Universidade", e hoxe elas son máis da metade da institución académica. As cifras melloraron da man dos plans de igualdade, das cuotas e da creación de redes de mulleres.

«Hai mulleres en todos os campos de saber e que ademais teñen conciencia da desigualdade», destaca a titular da Deputación, que considera que "o discurso político da igualdade ten que ter máis presenza" para facer fronte á ideoloxía que nega as violencias machistas. "Cuando legislas y pones medidas de choque  funcionan", engade Vázquez. "Hasta que esto mejore tiene que haber cuotas".. Pola súa banda, a científica Mari Lires insiste na importancia analizar as institucións a fin de eliminar os estereotipos de xénero e traballar desde un cambio na educación.

Aposta pola revalorización do considerado feminino e por poñer o foco nas potencialidades das mulleres e non nas carencias. Mentres que Alonso subliña a importancia da diversidade en todos os eidos. Son algunhas claves dun futuro que "se escribe con t de tecnoloxía, pero tamén con m de muller". "O planeta non ten futuro sen a metade da poboación", conclúe Carmela Silva.

  

Comentarios