viernes. 07.08.2020 |
El tiempo
viernes. 07.08.2020
El tiempo

Xabier Díaz e Guadi Galego protagonizan a primeira grande actuación da nova normalidade

Celebrouse na explanada do Pazo da Cultura

A nova normalidade musical tamén chega a Pontevedra. Este sábado, na explanada do Pazo da Cultura, Xabier Díaz e Guadi Galego, protagonizan a primeira grande actuación nesta situación.

"Un non ten preparados discursos para tempos postapocalípticos, pero o que si é certo e que tiñamos moitas ganas de tocar. Tanto Guadi coma min estamos moi agradecidos de que mercarades as vosas entradas e viñerades pasar a tarde aquí con nós hoxe", afirmou Xabier Díaz.

"Despois de ter que suspender a xira de presentación do disco, podedes imaxinar que esta é unha data tremendamente especial para nós. Así que cantade se tedes ganas de cantar. Bailar non sei... porque a xente de produción díxonos que hoxe non fixeramos moitas cousas", continuou o artista, 

O público que asistiu ao evento está gozando do espectáculo con total normalidade. Ao chegar, tiveron que desinfectar as mans e facer uso obrigatorio da máscara ata sentar. Foron colocados segundo viñan de dous en dous, de tres en tres ou de xeito individual. 

Xabier Díaz e Guadi Galego protagonizan a primeira grande actuación...
Comentarios