Os xardíns da Ferrería e a Praza de España ‘disfrázanse’ para celebrar o Samaín

Medio Natural realizou instalacións con calacús, lápidas e ourizos
Un dos xardíns. DP
photo_camera Un dos xardíns. DP

Coincidindo coa festividade de Tódolos Santos, os xardíns das prazas de España e A Ferrería mudaron hoxe os buxos de cores coa bandeira LGTBI que exhibían ata a data por un decorado de Samaín, cos tradicionais calacús, ourizos de castaña, lápidas de pedra, teas de araña, pacas de palla, corvos e outros seres do máis aló.

Os traballos de instalación novo atrezzo, enmarcado dentro do proxecto da Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural Xardíns que falan, que busca converter os espazos verdes de Pontevedra en elementos vivos, dinámicos, temáticos e con mensaxe, foron supervisados esta mañá de xoves polo tenente de alcalde, Tino Fernández; a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, e o concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey. “Se a bandeira LGTBI xa tivo moitísimo éxito, con pontevedreses e visitantes sacándose fotografías case tódolos días, o resultado deste decorado é tan abraiante que vai despertar sen dúbida as paixóns dos amantes dunha festa tan nosa como o Samaín”, subliñou Fernández.

Tal e como avanzou o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, “os xardíns da cidade seguirán expresándose, falando, en distintas festividades e causas sociais”.

Comentarios