jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

Os 'Xardíns que falan' lanzan un berro contra a violencia machista

Os edís, nunha das intervencións organizadas con motivo do 25-N. DP
Os edís, nunha das intervencións organizadas con motivo do 25-N. DP

Os xardíns das prazas de España e A Ferrería sumáronse este venres aos actos reivindicativos e conmemorativos organizados en Pontevedra con motivo do 25-N, con sendas intervencións que se fan eco do lema central da campaña impulsada pola Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (Xa abonda de minutos de silencio) e que lembran as 1.074 vítimas mortais que o machismo se levou por diante dende que hai datos rexistrados (2003). 

Deste xeito, a Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, a través do seu proxecto Xardíns que falan, volve empregar as zonas verdes da cidade, como xa fixera no marco da Semana do Orgullo LGTBI, para poñer de manifesto de xeito visible o posicionamento deste Concello. 

"Queremos que eses emblemáticos xardíns sirvan para lembrarlles a todos os que pasen por aí que o machismo mata e que estamos [email protected] de ter que gardar minutos de silencio por cada vítima da súa violencia", manifestou o edil de Medio Natural, Iván Puentes.

As accións conmemorativas organizadas polo seu departamento e o CIM continúan adiante coa celebración do Obradoiro de Autodefensa Ciberfeminista e a lectura do manifesto deste ano pola xornalista Sara Vila no Pleno da Corporación o vindeiro luns 23 ás 11 horas.

"O martes 24 de novembro pola mañá o CIM de Pontevedra distribuirá, en horario de 9.30 a 14 horas, as 1.500 mascarillas e 3.000 chapas que foron confeccionadas para este 25-N. Para facer que cheguen a todo o mundo, imos repartir en principio unha mascarilla e dúas chapas por persoa", avanzou a concelleira de Igualdade, Yoya Blanco

Á marxe dos actos previstos para o propio 25-N en coordinación coa Deputación Provincial, a edil socialista precisou que a exposición de fotografía do taller Namórate de ti terá como escenario "o último treito da rúa da Oliva, entre o edificio de Correos e a farmacia de Carmen Carballo". A intención de Blanco é inaugurar a mostra o venres 27 de novembro en compañía dalgunha das mulleres que participaron no obradoiro impartido por Patricia Maquieira e Tegra Gómez.

Os 'Xardíns que falan' lanzan un berro contra a violencia machista
Comentarios