Os xardíns de Pontevedra vístense de Samaín

As composicións instaladas nas prazas de España e de Ourense están protagonizadas por dous esqueletos ataviados con traxes de voda, unha árbore con máscaras terroríficas, calacús, candeas, arañas e caveiras
 

Decoración polo Samaín. DP
photo_camera Iván Puentes e Yoya Blanco na instalación da Praza de España. DP

A terrorífica e orixinal composición de Samaín instalada nos xardíns da Praza de España polo Concello de Pontevedra inclúe dous esqueletes moi 'molóns' ataviados con traxes de voda e lentes de sol, os tradicionais calacús, as caveiras e as arañas, unha delas xigante (en versión esqueleto). O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, e a edil de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, achegáronse ata o lugar, ao igual que moitos nenos disfrazados —e tamén maiores— que aproveitaron para sacar unhas instantáneas perfectas para esta festividade de Defuntos.

Ademais, o Servizo Municipal de Parques e Xardíns tamén preparou outro aterrador escenario na Praza de Ourense, onde unha árbore chea de teas de araña e máscaras preside unha combinación floral na que non faltan os calacús e un esquelete que regresa do outro mundo para dar un par de sustos.

PSOE
Decoración polo Samaín. DP

Uns atrezos que se enmarcan na iniciativa municipal Xardíns que Falan, impulsada pola Concellería de Desenvolvemento Sostible para dinamizar as zonas verdes da cidade e convertelas en espazos vivos e interactivos.

Iván Puentes convidou "a todo o mundo a achegarse ata estas novas composicións, que quedaron de medo, e a inmortalizar este Samaín, nunca mellor dito, cunhas fotografías, e subíndoas ás súas redes sociais cos hashtag #XardinsqueFalan e #SamainPontevedra2022".

Comentarios