martes. 30.11.2021 |
El tiempo
martes. 30.11.2021
El tiempo

Os xardíns da Uned, máis preto da súa apertura á veciñanza de Monte Porreiro

Imaxe de arquivo Iván Puentes visitando o parque da Uned. CEDIDA (ADP)
Imaxe de arquivo Iván Puentes visitando o parque da Uned. CEDIDA (ADP)
O Concello aprobará este luns a cesión do espazo, o que permitirá licitar as obras para a súa remodelación, que custará 151.250 euros

O Concello dá un paso máis cara á apertura dos xardíns da Uned á veciñanza de Monte Porreiro. Así, a Xunta de Goberno de este luns aprobará a cesión deste espazo por parte da Uned ao Concello, que pasará a ocuparse do mantemento do mesmo. Este paso permitirá licitar as obras de mellora do espazo para incorporalo ás zonas verdes do barrio.

En base á memoria valorada que elaborou a enxeñeira de montes María Luz Cayetano Molina, o departamento que dirixe o edil socialista Iván Puentes destinará 151.250 euros ás actuacións necesarias para este fin, unha achega económica contemplada dentro da última modificación de crédito realizada polo Goberno local.

Memoria jardines UnedEntre as intervencións contempladas nesta memoria inclúese a conexión e integración deste espazo verde no contorno do Miradoiro mediante a creación dunha plataforma única elevada no entronque da actual zona de acceso ao estacionamento do centro asociado coas rúas Italia, Dinamarca e Francia.

Tal e como lembra o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, "o Concello asinou no primeiro semestre deste ano co consorcio responsable da xestión do centro asociado o convenio de cesión para a apertura dos seus espazos axardinados, o que, trala aprobación da mesma, se materializará nunha cesión a catro anos con posibilidade de prórroga".

O obxectivo do acordo é garantir o uso público e libre acceso aos xardíns e facer posible un uso mixto dos mesmos, tanto para os estudantes e persoal da Uned como para os veciños.

O parque ocupa unha extensión de 22.230 metros cadrados, dos que 3.675 están ocupados polo edificio educativo situado no extremo sureste da parcela, contando con variadas especies arbóreas. Hai tamén un estanque que será retirado, así como o mobiliario en mal estado. Ademais, abriranse tres accesos dende as rúas Francia e Italia.

O trámite de aceptación da cesión da parcela da Uned tamén desbloqueará a licitación do novo contrato de xardíns e zonas verdes, para o que a Concellería de Desenvolvemento Sostible destinou un orzamento que supera o millón de euros (fronte aos 700.000 euros do actual), incorporando novas zonas que non estaban incluídas, como parte do Campus universitario, o contorno do Pazo da Cultura e o barrio de Monte Porreiro.

Os xardíns da Uned, máis preto da súa apertura á veciñanza de Monte...
Comentarios
ç