Xeo, xogos variados e un súper tobogán atraen aos xóvenes en Mundonadal

A feira de lecer para toda a familia permanece aberta ao longo de todas as vacacións con espazos para todas as idades. Bebés, amantes das consolas, atrevidos que queiran aprender a patinar ou escalar son benvidos no Recinto Feiral estes días
Imaxes da xornada deste sábado en Mundonadal. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Imaxes da xornada deste sábado en Mundonadal. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Un espazo a cuberto sen opción a que as inclemencias do tempo estraguen unha tarde de vacacións de Nadal. Unha pista de xeo na que poñer en práctica equilibrio e coordinación ata poder manterse en pé e deslizarse polo xeo. Un tobogán xeado xigante polo que lanzarse sobre un flotador en forma de donut. Son só algúns dos motivos polo quenestas festas todo o mundo quere visitar Mundonadal.

Durante todas as vacacións dos escolares, o recinto permanecerá aberto ofrecendo obradoiros creativos, visitas de personaxes infantís como a protagonista de Frozen ou o propio Papa Noel e unha ampla variedade de atraccións inchables, espazos para o xogo e a diversión que o converten no paraíso de lecer para os máis pequenos nestas festas. Na xornada de este sábado, o Recinto Feiral acolleu a visita de numerosas familias que pasaron a tarde gozando das actividades que ofrece o espazo.

mundo nenos, mundo nadal, recinto ferial

AS ATRACCIÓNS. Mundonadal 2019 conta cun espazo ampliado con respecto á súa anterior edición. Máis espazo para que os pequenos xoguen, pero tamén para que os pais se relaxen. Deste xeito, existe unha cafetería para pasar o tempo e, para os nenos e nenas máis pequenos, hai unha sala só para menores de entre cero e tres anos con piscina de bolas xunto a un cuarto de lactancia pensado para a comodidade das nais e os seus pequenos.

Se Mundonadal acadou na anterior edición máis de 11.000 visitas, a aposta multiplícase por dous este ano, con máis espazo e novas atraccións. Así, aínda que a estrela da feira é a pista de xeo, este ano conta como novidade cun tobogán xigante, máis inchables, un búfalo mecánico. Outra das atraccións que chama a atención dos máis pequenos é unha especie de xincana inchable. Ademais, Mundonadal conta cun espazo de 30 metros cadrados para realizar skate no que, ademais da práctica libre, os pequenos poderán recibir clases de monitores profesionais e mesmo aprender algo máis sobre esta disciplina.

A protagonista de Frozen, Elsa, visita esta tarde as instalacións do parque de lecer para atoparse cos máis pequenos

Un rocódromo, unha sala para gammers, un karaoke e actividades programadas, como a visita da xa mencionada Elsa, a protagonista de Frozen, que estará durante a xornada de hoxe polo Recinto Feiral.

2019122211121260500

CANDO E ONDE. Mundonadal está instalado no Recinto Feiral de Pontevedra ata o 7 de xaneiro. Estará aberto de luns a domingo entre as 16.15 e as 22.30 horas, aínda que a apertura da pista de xeo e a cafetería se estende ata as 22.30 horas. Os días 24 e 31 de decembro o recinto pechará ás 19.00 horas e o 5 de xaneiro o horario de apertura será de 12.15 a 17.00, para que os máis pequenos poidan asistir á Cabalgata de Reis.

En canto aos prezos, a entrada ao recinto xeral custa un euro; á zona de lecer, tres euros, e á pista de patinaxe, seis euros. Para entrar na mesma, é preciso levar as mans protexidas, No propio recinto hai luvas á venda por un euro. Ademais, a entrada á pista inclúe o aluguer de patíns entre as tallas 25 e 47. O pase é por un tempo de 45 minutos sobre a pista.

mundo nenos, mundo nadal, recinto ferial

A entrada, máis alá das atraccións, inclúe talleres e actividades con monitores durante algunha das tardes. Entre os obradoiros previstos para estes días, poderase xogar ao bingo (con agasallos incluídos), escoitar contos e mesmo mergullarse na realidade virtual a través dun obradoiro realizado por Inmersia os vindeiros días 3 e 4 de xaneiro.

O evento está organizado por Diario de Pontevedra e conta co patrocinio de Supermercados Froiz e BMW Celtamotor. Ademais, a concellería de Promoción Económica e Turismo ofrece o seu respaldo á iniciativa.

Comentarios