O XIX Ricardo Portela enche de gaitas Pontevedra

A Praza da Ferrería é lugar escollido para esta celebración

Ricardo Portela. DIARIO DE PONTEVEDRA
photo_camera Memorial Ricardo Portela. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O sons das gaitas que se escoitaban este venres en Pontevedra desvelaban que viña de dar comezo o XIX Memorial Ricardo Portela. Actuacións de diferentes agrupacións de música tradicional polas prazas e polas rúas mesturáronse coas exhibicións dos artesáns que participan na mostra que acolle a Praza da Ferrería na primeira xornada deste evento.

As programación continúa hoxe ao longo de toda a xornada. O peche do Memorial inclúe unha homenaxe a María Grande Sobral, Maruxa das Cortellas, conducida por Xulia Feixóo (21.00 horas), seguida dun concerto de TNT. Todo na Ferrería. Entrada de balde.

Comentarios