As xornadas de Cabos Soltos reúnen ao donos da Gramola, do Diaño e do Pavero

Os relatorios tratarán temáticas como o futuro dos grandes festivais de música tras a irrupción do coronavirus
Un dos carteis promocionais das xornadas Cabos Soltos. FACEBOOK
photo_camera Un dos carteis promocionais das xornadas Cabos Soltos. FACEBOOK

Moisés Digón (O Diaño), Marta González (A Gramola) e Malú Pedrosa (O Pavero) falarán, no programa municipal Cabos Soltos, do presente e do futuro dos locais que acollen actividades culturais en Pontevedra. Farano no primeiro encontro das xornadas desta iniciativa do Concello, que terá lugar o mércores 19 de maio, ás 12.00 horas, no Pazo da Cultura, e que estará moderado pola xornalista de Diario de Pontevedra, Belén López. Para asistir presencialmente é necesario inscribirse en cabossoltos.pontevedra.gal (de balde). O faladoiro, como todos os da iniciativa Cabos Soltos, tamén se poderá seguir en liña pola memsa páxina web.

As xornadas, que se prolongarán ata o 21 de maio, ofrecerán reflexións sobre distintas cuestións que lle afectan ao sector musical despois da pandemia. Entre outras cousas falarase de repensar o concepto dos grandes festivais de música, tema sobre o que falarán responsables do Primavera Sound, do WOS Festival e do Resurrection Fest, nunha mesa redonda moderada pola xornalista Teresa Cuíñas. Tamén se avaliará a situación de alerta nas salas de concertos, espazos que levan pechados máis dun ano e sen data de reapertura.

Comentarios