A xornalista Sara Vila le no pleno o manifesto do 25-N

A redactora de Diario de Pontevedra pediu que as mulleres poidan "vivir en paz"
La periodista Sara Vila, este lunes en el Teatro Principal. GONZALO GARCÍA
photo_camera La periodista Sara Vila, este lunes en el Teatro Principal. GONZALO GARCÍA

A xornalista do Diario de Pontevedra Sara Vila leu este luns no pleno do Concello de Pontevedra un manifesto institucional con motivo da celebración do Día da Eliminación da Violencia Contra a Muller, que terá lugar este mércores 25 de novembro. 

"O que pedimos é tan sinxelo que nin sequera cómpre perder o tempo explicándollelo aos que non o queren entender. Queremos vivir en paz", resaltou Vila no seu discurso.

Vila solicitou o "compromiso das Administracións", lembrou que "as folgas do 8M amosaron que xa non tragamos máis" e engadiu que "existen redes de solidariedade" que "nos recordan que a vida máis alá do maltrato merece a pena".