lunes. 23.09.2019 |
El tiempo
lunes. 23.09.2019
El tiempo

Aprobado o proxecto de expropiación dos terreos para o Gran Montecelo 

Recreación virtual del futuro Gran Montecelo. DP
Recreación virtual del futuro Gran Montecelo. DP

Será sometido a exposición pública durante un mes, para que os interesados poidan formular observacións e reclamacións

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou na edición deste martes unha resolución pola que se aproba o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de tasación conxunta dos bens e dereitos que se necesitan ocupar para a execución do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para a ampliación do Hospital Montecelo de Pontevedra

Tal como explicou a Xunta nun comunicado, a Consellería de Sanidade "segue avanzando" de cara a materializar a ampliación, polo que o proxecto de expropiación será sometido a exposición pública durante un mes. Ao longo dese período, as persoas interesadas poderán formular as observacións e reclamacións que consideren oportunas, en particular no que afecta á titularidade ou valoración dos seus respectivos bens. 

O proxecto do Gran Montecelo conta cun investimento estimado de 140 millóns de euros, o que permitirá aumentar un 50% a súa superficie, pasando de 79.500 a 118.000 metros cadrados. "Co Gran Montecelo os pontevedreses disporán dun hospital público máis amplo, máis humano e con capacidade para atender as necesidades asistenciais nos próximos 50 anos. Esta nova infraestrutura hospitalaria do Servizo Galego de Saúde (Sergas) contará con espazos máis acolledores en áreas máis sensibles, como a diálese, o hospital de día de oncoloxía, os coidados paliativos ou a zona materno-infantil", destacou o Goberno galego.

CUARTOS INDIVIDUAIS. Segundo recolle o plan director, o 57% das habitacións serán individuais, fronte ao 36% actual. A ampliación incrementará nun 92% o número de salas e postos de urxencias e aumentan un 49% os postos no hospital de día, que pasa de 109 a 162. 

Aprobado o proxecto de expropiación dos terreos para o Gran Montecelo 
Comentarios