lunes. 23.09.2019 |
El tiempo
lunes. 23.09.2019
El tiempo

Profundo enfado da Xunta por non ser informada da solución para sanear a ría

La villa turística dispone actualmente de una depuradora municipal en el lugar de Paxariñas. DAVID FREIRE
La villa turística dispone actualmente de una depuradora municipal en el lugar de Paxariñas. DAVID FREIRE

Critica "o absoluto desprezo polo diálogo" e lembra que as solucións propostas nestes dez anos de conflito foron desbotadas polos concellos

A caixa dos tronos segue aberta en Raxó. Malia a solución salomónica plantexada o mércores polo Goberno central para arranxar dez anos de conflicto entre Poio e Sanxenxo polo saneamento, agora é a Xunta a que arremete contra o Ministerio de Transición Ecológica por non terlle informado da medida, un xesto que califica como "absoluto desprezo polo diálogo e a colaboración co Goberno de Galicia".

A mellora, presentada pola subdelegada, Maica Larriba, ante os rexedores dos concellos afectados, consiste nunha ampliación da depuradora de Paxariñas, localizada entre Poio e Sanxenxo. A Consellería de Medio Ambiente que dirixe Ánxeles Vázquez apela a ese "escurantismo institucional" para evitar valorala, porque di descoñecer o contido e o seu alcance.

A indignación do Executivo autonómico medra, aínda máis, ao lembrar que "está volcado no saneamento das rías en xeral e na de Pontevedra en particular, dado que existe un procedemento sancionador aberto pola UE ao Reino de España en relación con este asunto".

Tamén considera esta situación "máis incomprensible aínda" tendo en conta a total colaboración técnica brindada polo Goberno galego ao Central en tempos de Mariano Rajoy como presidente para acadar unha solución ao saneamiento nesta parte da ría. Un pulo que mesmo motivou a declaración de Interese Xeral do Estado.

A carteira de Ánxeles Vázquez xustifica o seu enfado destacando que ten un profundo coñecemento sobre este asunto, "porque durante máis de dez anos estudou as posibles solucións ao problema da depuración das augas residuais de Raxó e sempre, en cada unha delas, atopou a oposición do Concello de Poio a toda solución que non pasase por derivar o tema ao municipio de Sanxenxo".

'ZASCA' A CATALINA GONZÁLEZ. As críticas non son so para Nito Sobral, alcalde de Poio, senón tamén para quen fora a súa homóloga en Sanxenxo, Catalina González (anteriormente militante do PP), a quen a Xunta culpa de desbotar reiteradamente todas as solucións que xurdían dende San Caetano nos seus tempos de alcaldesa.

En calquera caso, e deixando a un lado a perfidia, a Xunta agarda que o Goberno de España lle traslade información concreta sobre o convenio para saber cal vai ser a súa achega económica, canto deberán investir os concellos e, sobre todo, cal é a previsión repercusión do investimento nos recibos da auga dos veciños de Poio e Sanxenxo.

O saneamento de Paxariñas suporá o investimento de 24 millóns de euros, dos que un 50% financiaranse con fondos europeos Feder. O proxecto consistirá na ampliación de capacidade da actual depuradora, unha das dúas estacións de tratamento de augas residuais das que dispón o Concello de Sanxenxo e que, hoxe en día, está ao límite da súa capacidade, en especial na época estival.

Os responsables de Acuaes presentes o pasado mércores durante a exposición desta resolución ó histórico problema apuntaron que a instalación "non está preparada para desenvolvementos urbanísticos futuros".

Profundo enfado da Xunta por non ser informada da solución para...
Comentarios