A Xunta e o Concello eliminan un punto de vertido ao río Gafos

Tramo en el que se localizó el vertido en el río Gafos. DP
photo_camera Imaxe de arquivo do río Gafos. DP

A Xunta deu aviso esta semana un punto de vertido de augas residuais no río Gafos ao seu paso polo lugar de Cancela, en Salcedo. Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, de Augas de Galicia, iniciaron as inspeccións tras un aviso ao 112.

Os inspectores desprazáronse ao lugar identificando a orixe do foco na rede de saneamento que discorre pola beira do leito do río. O vertido infiltrábase a través do terreo por onde vai soterrada a infraestrutura de saneamento.

Os técnicos da Xunta comunicaron a incidencia ao Concello de Pontevedra para que levase a cabo as actuacións correctoras precisas, que xa foron executadas.

Comentarios