A Xunta urxe ao Goberno a convocar a mesa de diálogo sobre Ence

Rueda insiste no "perigo" que supón a futura Lei de Cambio Climático para "a continuidade" da pasteira en Pontevedra 
Marcha de los trabajadores de Ence del pasado 15 de enero. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Marcha de los trabajadores de Ence del pasado 15 de enero. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, urxiu este martes ao Goberno estatal que convoque a mesa de diálogo sobre a biofábrica de Ence en Lourizán. "Está a gañarse tempo e non facendo nada para que a empresa e os postos de traballo queden en Pontevedra e en Galicia", afeou.

En declaracións aos medios durante unha visita ás probas físicas do proceso de selección de acceso á Policía Local na cidade de Pontevedra, Rueda lembrou que a semana pasada aos traballadores da pasteira foron recibidos pola vicepresidenta cuarta do Goberno central e ministra para a Transición Ecolóxica, que prometeu a apertura da mesa de diálogo.

"Pasou unha semana e a Xunta de Galicia non ten ningunha noticia desa convocatoria", lamentou o vicepresidente galego, quen á súa vez é presidente do PP da provincia de Pontevedra.

Ademais, Alfonso Rueda aproveitou para criticar que este mesmo luns o pleno do Concello de Pontevedra declarase 'persona non grata' na cidade ao presidente e conselleiro delegado de Ence, Ignacio de Colmenares, a proposta dos dous grupos do goberno local, BNG e PSOE.

Ver más: Pontevedra nombra al presidente de Ence como persona 'non grata'

Neste contexto, o vicepresidente da Xunta considera que "resulta polo menos curioso que primeiro se declare persona non grata ao director dunha empresa e despois se lle chame ao diálogo".

Para o número dous do Executivo galego, esa decisión "non ten moito sentido" e "non axuda en nada", porque "non serve para a meta que debería ter todo o mundo" que é, ao seu xuízo, "o mantemento dos postos de traballo". Cifrou os afectados nunhas 5.000 familias na comarca de Pontevedra e na actividade forestal de toda Galicia.

De feito, Rueda lembrou que a pasteira "xa dixo que se non queda no seu actual emprazamento irase". "E por tanto o que temos que facer é tentar que quede aquí", remarcou.

LEI DE CAMBIO CLIMÁTICO

Así mesmo, o vicepresidente galego sinalou que "cada vez se achega máis a aprobación da Lei de Cambio Climático" que se atopa en tramitación no Congreso "e se se mantén a postura do Goberno central poríase moi en perigo a continuidade de Ence".

En concreto, referiuse ao polémico artigo 18.4 do texto, que confirma a limitación a 75 anos das concesións en dominio público marítimo-terrestre, como é o caso da biofábrica de Lourizán.

Rueda incidiu en que o informe elaborado pola asesoría xurídica da Xunta sobre a Lei de Cambio Climático conclúe que ese artigo 18.4 é "frontalmente inconstitucional", ademais de determinar que tanto este apartado como o 18.3 son "contrarios á seguridade xurídica".

Comentarios