viernes. 22.11.2019 |
El tiempo
viernes. 22.11.2019
El tiempo

[email protected] llega a Pontevedra para llenar la red de vídeos en gallego

Juan Manuel Corbacho, Alberte Oubiña e Manuel Morquecho
Juan Manuel Corbacho, Alberte Oubiña e Manuel Morquecho
Ciencias Sociais, a Casa das Campás e os centros sociais do Gorgullón e Lérez acollerán catro obradoiros formativos para apoiar aos participantes ►Outros dous impartiranse en institutos

Encher a rede de vídeos en galego é o obxectivo de [email protected], un concurso impulsado polos servizos de normalización lingüística das tres universidades galegas e once concellos de Galicia. Co propósito de promover a participación, en Pontevedra impartiranse seis obradoiros formativos, dous deles na Facultade de Ciencias Sociais e na Casa das Campás. Así o anunciaron este lunes o edil de Normalización Lingüística, Alberte Oubiña, e o director da Área de Extensión Cultural do campus, Manuel Morquecho.

Os talleres, con 20 prazas cada un, están divididos en dúas sesións: unha introdutoria de 60 minutos, centrada en achegar aos participantes unhas nocións iniciais sobre gravación, son ou elaboración do guión, e unha segunda, de dúas horas, que terá lugar unha semana despois e estará dirixida a axudar na edición do material gravado polos asistentes. Ciencias Sociais acolleraos os días 8 e 15 de febreiro e a Casa das Campás xusto un mes despois. Tamén en marzo, esta iniciativa trasladarase ao Centro Social do Gorgullón (días 13 e 20) e á Casa da Cultura de Lérez (30 de marzo e 6 de abril), coa colaboración das asociacións veciñais.

Xunto a estes catro talleres, abertos a todas as persoas interesadas maiores de 14 anos e impartidos pola produtora Illa Bufarda, desenvolveranse outros dous nos IES Sánchez Cantón e Torrente Ballester, dentro da programación formativa que o Concello desenvolve nos centros de ensino. Ambos teñen xa cubertas as prazas.

O obxectivos centrais de [email protected] son fomentar o uso do galego nos contidos audiovisuais dunha das redes máis empregadas no mundo e promover que as persoas compartan as súas habilidades e criterios con vídeos autoproducidos. A iniciativa foi impulsada polos concellos da Coruña, Ames, A Baña, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove xunto coas universidades da Coruña, Santiago e Vigo. "A verdade é que está funcionando bastante ben", salientou Oubiña dun certame que defendeu como "unha maneira moi significativa de facer que o galego estea presente na rede, de sacalo á luz para que brille".

O concurso comprende as categorías de Vídeo-facermos, dirixido a reunir titoriais nos que se mostren saberes e procesos de elaboración, e Vídeo-opinarmos, na que recoller análises e valoracións de múltiples temas de interese. Ambas categorías contarán, como explicou Morquecho, cun primeiro premio de 1.000 euros, ao que se suman as mencións honoríficas, dotadas con 500 euros á creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica e calidade lingüística.

As pezas presentadas a este concurso deberán ter unha duración máxima de cinco minutos, contar cunha licenza creative commons, estar producidos en galego e estar dispoñibles en Youtube. A inscrición pode realizarse a través da web (pontevedra.gal/youtubeiras) e o prazo de presentación de pezas permanecerá aberto ata o 28 de abril.

[email protected] llega a Pontevedra para llenar la red de vídeos en gallego
Comentarios