domingo. 07.06.2020 |
El tiempo
domingo. 07.06.2020
El tiempo

Yoya Blanco amadriñará en Fitur a Terras de Pontevedra, que terá un espazo destacado

Yoya Blanco. GONZALO GARCÍA
Yoya Blanco. GONZALO GARCÍA
A concelleira socialista viaxará a Madrid para presentar a Pontevedra como un lugar turístico familiar

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, a socialista Yoya Blanco, será a madriña da Mancomunidade Terras de Pontevedra na Feira Internacional de Turismo Fitur. A edil desprazarase ata Madrid os días 22 e 23 para presentar iniciativas que "permitirán consolidar a Pontevedra como destino turístico familiar", unha nova liña de folletos e tarxetóns "cun formato de banda deseñada distintivo, que ten como protagonista á nosa embaixadora Petra e que foi creada para as campañas Augas de Terras (Camiña entre dúas augas) e Sabores de Terras".

A Mancomunidade contará en Fitur cun espazo destacado, cun mostrador propio no que dará a coñecer os recursos do destino turístico a través dunha renovada imaxe de material promocional. A delegación pontevedresa tamén presentará unha nova web que optimiza a experiencia do usuario e unha app centrada no produto Arte Rupestre. Terras de Pontevedra fortaleceu o seu posicionamento a través de accións de marketing dixital: newsletters, Facebook, publicidade en redes, banners en display para Google Adword e máis.

Yoya Blanco amadriñará en Fitur a Terras de Pontevedra, que terá un...
Comentarios