Yoya Blanco celebra a acollida da plataforma de venda online do comercio local

Yoya Blanco, en Óptica Vilas. DP
photo_camera Yoya Blanco, en Óptica Vilas. DP

A concelleira de Promoción Económica e Turismo de Pontevedra, Yoya Blanco, salientou este luns a "moi boa acollida" que está a ter entre clientes e comerciantes a nova plataforma de venda online do comercio local E-Ponte.com, impulsada polo Concello a través da campaña #PonteLovers.

Blanco valorou así o éxito do arranque do portal, e fíxoo nunha visita a Óptica Vilas, no número 9 da rúa Daniel de la Sota. Alí falou co seu responsable, José Luis Vilas, sobre a situación que están a atravesar neste contexto de restricións e dalgúns proxectos que a plataforma #PonteLovers ten en marcha e que poderían resultarlle de interese, caso precisamente dese novo marketplace

"É un período incipiente, que servirá para ver que cousas se poden mellorar, pero podo dicir que a iniciativa xa está a ter moito éxito e que será unha ferramenta de moita utilidade nestes novos tempos, mesmo para un establecemento tan emblemático da nosa cidade como Óptica Vilas", dixo a edil.

Comentarios