Yoya Blanco, sobre o novo 'take away' de Acuña: "Era unha tenda moi necesaria"

O local está ubicado na rúa Benito Corbal
Yoya Blanco e Fátima Fernández, no interior do novo establecemiento take away de Panaderías Acuña.  PSOE
photo_camera Yoya Blanco e Fátima Fernández, no interior do novo establecemiento take away de Panaderías Acuña. PSOE

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, achegouse na mañá deste xoves ata o novo establecemiento take away que a firma Panaderías Acuña acaba de poñer en marcha na rúa Benito Corbal.

A edil socialista tivo ocasión de falar un rato coa súa responsable, Fátima Fernández, á que felicitou "por ser capaz de reinventarse nun momento tan difícil coma este e respostar á crecente demanda de negocios de comida para levar na nosa cidade, cun establecemento que ademais está decorado e iluminado cun gusto exquisito". 

"Animo a todos os #PonteLovers a seguir desfrutando do pan, a repostería e os cafés de Acuña coas máximas condicións de seguridade. Era unha tenda moi necesaria, situada ademais nunha das zonas de maior transito de peóns de Pontevedra" asegurou Yoya Blanco.

Yoya Blanco e Fátima Fernández, na entrada do novo establecemiento take away de Panaderías Acuña. PSOE

Comentarios