Yoya Blanco recolle no Centro Ocupacional de Juan XXIII as Caixas Brancas que viaxarán a Fitur

A edil salientou a profesionalidade e entrega dos creadores 
Yoya Blanco visitando o Centro Ocupación de Juan XXIII. DP
photo_camera Yoya Blanco visitando o Centro Ocupación de Juan XXIII. DP

Yoya Blanco, a edil de Promoción Económica e Turismo, acudiu este venres ao Centro Ocupacional da Asociación Juan XXIII para levar as primeiras dez Caixas Brancas que serán presentadas o 21 de maio no Ifema, en Fitur. Así, a concelleira pontevedresa coñeceu a Fátima, Alicia, Ángel, Maite e Froila, os autores das Caixas, "resultado dun traballo feito con profesionalidade, dedicación e moito cariño, e que conterán o agasallo de Pontevedra aos visitantes que participen na xincana urbana virtual sobre a cidade: o libro Pontevedra de corazón, a camiseta coa marca cidade, un bolígrafo-usb co vídeo da campaña, chapas e un chaveiro".

Deste xeito, Yoya non quixo perder a ocasión de felicitalos e amosarse "máis ilusionada que nunca por levar o nome de Pontevedra a unha feira de Fitur que celebra o que probablemente sexa o ano máis crucial para o sector, cunha campaña moi potente que sen dúbida vai ser un éxito".

A maiores, Pontevedra levará tamén a Fitur o libro de destino Pontevedra de corazón e o vídeo promocional O regreso dos seres extraordinarios, realizado por Fernando Portela e Pablo Méndez Performances.

Comentarios