Yoya Blanco reparte 10.000 bolsas e 300 pegatinas de #PonteLovers entre o comercio local

Comezou a distribución nos negocios Lembranzas e Las Merceditas de Iria
Yoya Blanco na súa visita a Las Merceditas de Iria. DP
photo_camera Yoya Blanco na súa visita a Las Merceditas de Iria. DP

A Concellería de Promoción Económica e Turismo, encabezada por Yoya Blanco, está a distribuír 10.000 bolsas de papel entre os comercios da Boa Vila como parte da campaña #PonteLovers. Igualmente, a socialista, encargada de visitar os establecementos, repartirá ata 300 pegatinas de sinalización de distancias de seguridade, co obxectivo de que os locais que o precisen poidan mudar as súas actuais que se atopen xa en estado de deterioro.  

A edil comezou a rolda de visitas achegándose á mercería-lencería Lembranzas e á tenda de roupa Las Merceditas de Iria. Así, Yoya aproveitou para "amosarlles o apoio do Concello e de toda a plataforma #PonteLovers a estes comercios tan consolidados" na urbe, facilitándolles "un material que lles vai resultar moi útil e que ao longo dos vindeiros días chegará a numerosos negocios". 

Comentarios