As 18 escolas infantís de titularidade autonómica ofertan máis de 1.000 prazas

Os alumnos matriculados este curso en centros sostidos con fondos públicos xa se aproxima aos 8.000 e seguerá a medrar ata o peche do prazo de inscripción
Volta ó cole público
photo_camera Volta ó cole público

A provincia de Lugo conta cun total de 18 escolas infantís de titularidade autonómica, 13 delas integradas no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e 5 pertencentes á Axencia Galega de Servizos Sociais, o que fan un total de 1.003 prazas públicas.

Na actualidade a provincia conta con máis de 2.300 prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos, xa que ás 1.003 da Rede Galiña Azul hai que sumar as de iniciativa social (60), así como aquelas sostidas a través do Bono Concilia (293) e as municipais (976).

Galicia suma máis de 22.300 prazas sostidas con fondos públicos en escolas infantís tal e como lembraba recentemente o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, o que supón unha taxa de cobertura superior ao 37% (4 puntos por riba do limiar que marca a Unión Europea). Do total de prazas ofertadas na Comunidade Galega, 2.164 se corresponden coas prazas das 26 escolas da Axencia Galega de Servizos Sociais e 7.452 coas prazas dos centros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Esto fai un total de 9.616 prazas ofertadas pola Consellería de Política Social nos centros de titularidade propia.

No que respecta aos datos de matrícula, a día de hoxe están matriculados 7.922 nenos dos que 2.001 o fan en escolas da Axencia e 5.921 nas do Consorcio. Estas cifras mudarán co paso dos días xa que a eles se sumarán os ingresos en prazas de emerxencia social, e as solicitudes do prazo extraordinario de setembro, así como aqueles que teñan nacido fóra do período ordinario de matriculación.

As escolas infantís son equipamentos diúrnos que imparten o primeiro ciclo de educación infantil de acordo cos principios e contidos educativos recollidos no currículo do primeiro ciclo de educación infantil, e prestan servizos de atención educativa e comedor nun horario amplo.

BONO CONCILIA. É un programa de axudas económicas directas ás familias para colaborar no pago dunha praza nunha escola infantil privada da súa elección, naqueles casos de nenos ou nenas que queden en lista de espera nas escolas infantís públicas ou financiadas con fondos públicos, ou residan en localidades nas que non existen prazas públicas.

Aquelas persoas solicitantes que desexen optar ao Bono Concilia deberán cubrir o apartado correspondente na solicitude de praza pública e asinar as declaracións responsables recollidas no anexo específico para candidatos. Aquelas outras persoas que residan en localidades nas que non existen prazas públicas deberán presentar a súa solicitude nos prazos establecidos na orde anual de convocatoria.

MELLORAS. Co obxectivo de favorecer ambientes adecuados ás necesidades, intereses e competencias dos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos, a Xunta de Galicia puxo en marcha un ambicioso plan de mellora e adecuación da rede pública de escolas infantís, unha
actuación enmarcada no Plan de Dinamización demográfica para Galicia 2013-2016, Horizonte 2020 e que forma parte do Programa de Apoio á Natalidade (Pan), un programa integral da administración autonómica que ten como obxectivo apoiar ás familias galegas ofrecéndolles respostas globais.

Para este fin, o Goberno da Xunta publicaba no mes de xullo unha orde de axudas económicas ás corporacións locais para a adecuación e mellora das escolas infantís dirixidas a alumnado de 0 a 3 anos, e dos Puntos de Atención á Infancia (PAI) da súa titularidade, un recurso que se dotou con 1,5 millóns de euros e ao que se acolleron un cento de concellos galegos, moitos dos cales terán a posibilidade de realizar obras menores e adquirir o equipamento e material necesario para mellorar a calidade da atención prestada.

Paralelamente, a Xunta de Galicia poñía en marcha un programa de melloras nas escolas que integran a Rede Galiña Azul que permitiu realizar actuacións en preto dun centenar de centros (69 do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e 17 da Axencia Galega de Servizos Sociais). O importe total das actuacións realizadas ascende a 2,7 millóns de euros.

Deste xeito, o goberno autonómico dá un paso máis na súa intención de contar con recursos de atención á infancia accesibles, sustentables e de calidade en todo o territorio da comunidade galega.

Comentarios