A actriz Lucía Regueiro será nomeada Amiga de Unicef

O nomeamento celebrarase o próximo venres no Colexio Cid, da Coruña,

Lucía Regueiro participando nunha acción de Unicef. EP
photo_camera Lucía Regueiro participando nunha acción de Unicef. EP

A actriz e presentadora Lucía Regueiro convertirase este venres en Amiga de Unicef Comité Galicia, organización coa que colabora desde 2013.

Os Embaixadores, Amigos e personalidades públicas que colaboran con Unicef Comité Español son "referentes do mundo da arte, a cultura e o deporte comprometidos co benestar e os dereitos dos nenos en todo o mundo", segundo destaca a organización. Unicef defende que estas persoas "contribúen a reforzar a implicación da sociedade pola situación dos nenos e o cumprimento dos seus dereitos. Todos eles participan voluntariamente en accións de comunicación, sensibilización ou mobilización de recursos".

O nomeamento celebrarase o próximo venres no Colexio Cid, da Coruña, ás 10.00 horas.

Comentarios