Amencer dá voz ás mulleres con parálise cerebral que loitan polos seus soños

O colectivo lanza o vídeo 'Mujeres cumpliendo sueños' co gallo do 8-M
Rosa Blanco unha das protagonistas do vídeo 'Mujeres cumpliendo sueños' de Aspace. DP
photo_camera Rosa Blanco unha das protagonistas do vídeo 'Mujeres cumpliendo sueños' de Aspace. DP

"Lo más importante es seguir luchando". A frase é de Rosa Blanco, integrante de Amencer-Aspace, unha muller con parálise cerebral que soña con escribir un libro e que loita cada día para conseguilo. A súa é unha das tres historias que recolle o vídeo Mujeres cumpliendo sueños que vén de lanzar a Federación Gallega de Asociaciones de Atención a Personas con Parálisis Cerebral y/o Patologías Afines (Aspace-Galicia) co gallo do 8-M.

Para conmemorar o Día da muller, este colectivo recolle historias de superación e retrata mulleres imparables que rompen barreiras, inclusive no medio dunha pandemia.

Xunto a Rosa Blanco, Sara Rivas e Gisela Galeiras son as protagonistas desta proposta, tres son mulleres con parálise cerebral que queren mandar unha mensaxe positiva e de superación. O obxectivo, é visibilizar a "realidade de mulleres invisibles socialmente pero que non se van deixar vencer, nin sequera nun escenario desalentador como é o da actual crise sanitaria, e seguen imparables cumprindo os seus soños", destacan desde Aspace.

Así, Rosa quere escribir un libro, a escritura é a súa terapia. Sara Rivas adora a música e gustaríalle que todo o mundo puidera escoitar a súa música que tanta alegría lle da. Gisela Galeiras escribe o seu propio blog de moda (https://tendenciasgise.blogspot.com) onde reinvindica que a moda "é para todos", que por moito que elas vaian nunha silla, non significa que "non poidamos vestirse coma o resto, dunha forma atractiva e económica". A Gisela gustaríalle que a xente e as marcas lle comentasen no seu blog e lle puidesen axudar xa que "esteamos como esteamos, temos dereito a ir coma todos".

As tres xa son inspiradoras, pero para elas a súa inspiración son as mulleres que se entregan e que loitan con elas día a día, coma súas nais, as súas coidadoras e as súas referentes, relatan no vídeo. Destacan ademais que para elas ser mulleres é ser "loitadora", "constante", "traballadora", "valente" e, sobre todo "crer en ti mesma".

Nesta campaña, as asociacións que conforman Aspace Galicia reclaman a visibilidade das persoas que teñen parálise cerebral e que tamén teñen soños por cumprir.

Feafes Galicia. "Os problemas de saúde mental son invisibilizados"
As asociacións de mulleres con problemas de saúde mental denuncian que son un colectivo "invisibilizado e pouco considerado" nunha sociedade na que "existe unha discriminación clara á discapacidade". Feafes pon en marcha a iniciativa Elas tamén contan, unha serie fotográfica de 15 retratos de 5 mulleres con esta discapacidade. As imaxes presentaránse e difundiranse de xeito dixital, na páxina web e nas redes sociais de Saúde Mental Feafes, durante a semana do Día da Muller. Xunto aos retratos, a campaña inclúe unha serie de testemuños das mulleres nos que expresan as súas inquedanzas e fortales. Estas experimentan unha tripla discriminación debido á súa condición, "o cal provoca un gran prexuízo social e dificultades no ámbito laboral", din. A entidade pretende dar voz ao colectivo que a sociedade rexeita, "xa que aínda non existe unha abordaxe de xénero nas políticas de saúde mental".

Comentarios