Carlos Casares, protagonista das Letras Galegas de 2017

O escritor ourensán obtivo os votos favorables de todos os académicos á primera. A RAG busca continuar a "senda" de Manuel María, cun autor que "está na mente de todos" e que alcanza "todos os xéneros e idades"
Carlos Casares
photo_camera Carlos Casares

Carlos Casares foi elixido pola Real Academia Galega (RAG) como protagonista homenaxeado o próximo 17 de maio de 2017, día das Letras Galegas, informou o presidente da institución, Xesús Alonso Montero.

O pleno da RAG optou polo escritor de Ourense nunha votación na que os candidatos eran el, Ricardo Carvalho Calero, Plácido Castro e Antonio Fernández Morais.

Casares, un ourensán que faleceu en Nigrán en 2002, foi deputado polo PSDEG-PSOE, presidiu o Consello da Cultura Galega e influíu na opinión da poboación da comunidade durante décadas.

Os catro homes que optaban a este recoñecemento foron propostos por polo menos tres membros numerarios da Academia, que intentaron convencer ao resto da idoneidade dos seus recomendados.

O secretario da RAG, Henrique Monteagudo, recoñeceu ante os medios que "houbo unha única votación" porque "Carlos Casares obtivo unha maioría absoluta de apoios na primeira", con catorce votos e a presenza de vinte e tres académicos co voto delegado de Manuel Rivas

Os proponentes desta opción foron Fina Casalderrey, Francisco Díaz-Fierros, Manuel Rivas, Víctor Fernández Freixanes, Ramón Villares, Luz Pozo Garza e Salvador García-Bodaño.

Fernández Freixanes recordou, sobre a figura de Casares, que se trata dunha persoa cuxa "obra literaria e cultural está na mente de todos" porque "é un autor que alcanza todos os xéneros e todas as idades".

Como "autor plural" ten "unha enorme capacidade de chegar a lectores novos", os estudantes de "Primaria, Secundaria e Bacharelato", e os académicos pensaron que "logo da experiencia do ano de Manuel María", a quen se lle dedicaron as últimas Letras Galegas, sería conveniente seguir a mesma senda. Buscan a "dinamización dos sectores novos da sociedade", aínda que recoñece a relevancia "dos outros candidatos, importantes e oportunos".

"Queremos continuar coa implicación social e incluso a dinamización que concitó a figura de Manuel María e estamos seguros de que Casares continuaraa", agregou. Non só ten unha obra "difundida, dinámica e moi solicitada en ámbitos educativos" senón que tamén é un referente "na literatura para adultos".

"É un dos grandes, a súa obra está consolidada dentro e fóra de Galicia e ten dimensión internacional. Agora temos unha oportunidade para proxectar a literatura e as letras galegas ao redor dunha figura da que sentimos todos orgullosos", concluíu.

Alonso Montero recoñeceu que a importancia da figura de Carlos Casares, aínda que engade que todos os académicos vanse con "unha pequena mágoa no corazón" porque preferisen ter catro protagonistas e non ter que elixir tras un "debate intelectual e fraterno.

Sobre Plácido Castro recorda que é "a primeira vez que un número non pequeno de académicos proponos" e di que se trata de "un grande da tradución galega", aínda que "quizá o sector da tradución non sempre está ben atendido e aínda non ten o status que merece".

Fernández Morales, "quen ata agora era coñecido por ser un militar liberal", foi "o escritor dun dos primeiros libros en lingua galega nunha das modalidades, que é o berciano", un galego que a pesar de que está "máis aló da raia administrativa", non ten menos lexitimidade".

En canto á "figura intelectual de Carvalho Calero" mostrou un "sumo respecto" porque desde hai anos está "sempre proposto", pero "o que sucede é que nas votacións hai que optar" e ao final hai que escoller a un.

Comentarios