O coronavirus en embarazadas pode provocar parto prematuro e perda do benestar fetal

A trombocitopenia, outro dos efectos adversos que pode xerar o virus
Un mayor consumo de mariscos podría estar detrás de los altos niveles de arsénico en embarazadas, según los investigadores. PIXABAY
photo_camera Unha muller embarazada. PIXABAY

A infección perinatal polo novo coronavirus, coñecido cientificamente como SARS-CoV-2 e que provoca a enfermidade denominada Covid-19, pode ter efectos adversos sobre os acabados de nacer, como perda do benestar fetal, parto prematuro, distrés respiratorio ou trombocitopenia, acompañado de alteración da función hepática e, mesmo, a morte. 

Así o asegura o Ministerio de Sanidade nun novo documento científico-técnico sobre o Covid-19, no que se lembra que, a pesar deste achado, existen "moi poucos datos dispoñibles" de embarazadas infectadas polo novo virus e que parece que "non son máis susceptibles" de padecelo, como así o confirma o feito de que hai máis homes que mulleres afectados polo Covid-19. 

De feito, e desopois de repasar os traballos publicados até a data sobre as mulleres xestantes, o departamento que dirixe Salvador Illa asegura que a pneumonía nelas non parece "ser máis grave" que no resto da poboación, e que "non hai evidencia" de que se transmita o virus cando se adquire a infección durante o terceiro trimestre de embarazo. 

No entanto, si é probable a infección perinatal si parece ter efectos negativos sobre os acabados de nacer como, por exemplo, distrés respiratorio, prematuridade, entre outros problemas mencionados anteriormente. 

Trátase, por tanto, dun dos grupos de risco de desenvolver enfermidade grave por Covid-19, do mesmo xeito que o son as persoas maiores de 60 anos, os pacientes con enfermidades cardiovasculares e hipertensión arterial, diabetes, patoloxías pulmonares crónicas, cancro e inmunosupresión. 

Así mesmo, considéranse máis vulnerables ante o novo coronavirus ás persoas que viven ou traballan en institucións pechadas, especialmente os maiores que viven en residencias. Pola contra, o grupo considerado menos vulnerable pola súa evolución clínica son os menores de 18 anos. 
A IMPORTANCIA DA REPOSTA INMUNE.Por outra banda, o documento elaborado polo Ministerio de Sanidade sinala a importancia da resposta inmune ante o virus xa que, ademais de xogar un papel crave na curación, dá soporte a que se poida xerar unha vacina que protexa da enfermidade se dita vacina reproduce a resposta inmune que xeran as persoas que se infectan e cúranse. 

Ademais, e respecto da interacción do novo coronavirus co sistema inmunitario, Sanidade informa de que as observacións clínicas apuntan a que cando a resposta inmune non é capaz de controlar eficazmente o virus, como ocorre con persoas maiores cun sistema inmune debilitado, o coronavirus propágase de forma "máis eficaz". 

Desta forma, prosegue, a enfermidade provoca dano tisular pulmonar, activando aos macrófagos e granulocitos, e conducindo así á liberación masiva de citoquinas proinflamatorias. Esta hiperinflamación pulmonar estaría asociada á síndrome de insuficiencia respiratoria aguda ou a síndrome de distrés respiratorio do adulto, principal causa de mortalidade polo Covid-19.