martes. 29.09.2020 |
El tiempo
martes. 29.09.2020
El tiempo

La de San Blas no sabe lo que es la crisis

Definitivamente o esforzo e a formación son dúas calidades sobrevaloradas hoxe en día. O saber, como din, non ocupa lugar, pero é que tampouco enche o peto e adoita derivar en reflexións pesimistas que lle poden afundir a unha a moral.

Por iso Belén Esteban é un exemplo para a mocidade, que anda tola na procura dun traballo para cobrar 900 euros por 10 horas diarias cando a clave está en amortizar ben un embarazo (“o coito máis rendible da historia”, que dixera un contertulio en Antena 3).

Como boa emprendedora que é, a de San Blas soubo xogar as súas cartas, como proban as súas negociacións con Telecinco para renovar o seu contrato. Segundo a revista Qué Me Dices, a Raíña do Pobo acaba de chegar a un acordo coa cadea de Vasile polo que cobrará a partir de xaneiro de 2011 nada menos que 100.000 euros ao mes, o que é o mesmo 1,2 millóns de euros por un ano. O Boletín Oficial do Estado di que o soldo anual dun cargo coma o de presidente do Goberno roza os 92.000 euros.

A cifra parece de escándalo se temos en conta que Belén pasa o tempo falando da súa filla con erros ortográficos e comendo chicle coma quen rumia. Pero aínda hai máis, xa que este contrato só inclúe un número de aparicións pactadas na cadea e a súa presenza en Sálvame. É dicir, os contratos publicitarios, as exclusivas e as intervencións doutra índole (como foran as badaladas de Fin de Ano ou a súa presenza en Más que baile) cóbraas á parte. Deste xeito, segundo varias estimacións, Esteban facturará unha media de 200.000 euros mensuais durante o ano que vén.

Porén, o seu contrato con Telecinco estivo a piques de ser máis elevado porque María José Campanario estivo moi preto de fichar por Antena 3, o que tería disparado a cotización da Esteban nas grellas.

La de San Blas no sabe lo que es la crisis
Comentarios