jueves. 12.12.2019 |
El tiempo
jueves. 12.12.2019
El tiempo

Y Torrente encuentra trabajo para... ¡Paquirrín!

A nova deste xoves non é que Santiago Segura presentara a cuarta parte de Torrente, a saga máis rendible do cinema español, nin que nela fagan un cameo Belén Esteban ou Kun Agüero. A nova é que, ao fin, Paquirrín pode dicir que traballou. "Os compañeiros de Torrente sempre foron actores consagrados como Javier Cámara ou Gabino Diego... Nesta, o coprotagonista é, ao fin, alguén que dá o perfil de intelectual como Kiko, que soubo meterse na pel dun puteiro esmorgueiro", declaraba, entre risos, o cineasta, apuntando que o fillo da Pantoja deu o talle á hora de meterse no seu personaxe. "Iso si, o malo era atopalo cando había que rodar ás seis da mañá", engadía Segura, que para animalo lle dicía: "Kiko, non penses que é traballo, pensa que te levantas para ir a un after".

Paquirrín, que sabe moi ben onde está e a que se dedica, acepta todas as bromas con humor e agradeceu na premier da cinta que Segura lle dera “a oportunidade” da súa vida.

Cambiando radicalmente de terzo, merece unha mención aparte a presenza, durante a presentación, dun case nonaxenario Tony Leblanc. “A película é a máis graciosa de todas porque tamén é a que ten mellor guión”, apuntou Leblanc, que está molesto con segura por tardar tanto en rodar as diferentes películas sobre o icónico policía machista. “E que se se durme outros cinco anos non vou estar na quinta porque teño que ir morrendo”, dixo Leblanc, que estivo moi brillante.

Tamén brillou na premier María Lapiedra, pero non por enxeño senón por ensinar os peitos que, ao fin e ao cabo, é o seu negocio. “Trátase de concentrar o que máis odio e que máis asco me dá parar rirme de todo, non para facer apoloxía”, explicaba onte Segura pedíndolle a segundo que críticos que non esperen un filme ao estilo de Isabel Coixet.

O momento do filme que máis lle gusta a Segura conta co protagonismo galego de Cañita Brava. “Na primeira parte tivemos que repetir as tomas porque dicía o meu texto e o seu. Agora Cañita medrou como actor e a min é un tipo que me produce tenrura”, sinalou.

Y Torrente encuentra trabajo para... ¡Paquirrín!
Comentarios