jueves. 01.10.2020 |
El tiempo
jueves. 01.10.2020
El tiempo

Excelente acollida da estrea de 'Negocios de Familia'

Primeira entrega de Negocios de Familia. TVG
Primeira entrega de Negocios de Familia. TVG
Un total de 204.000 persoas contactaron nalgún momento da noite co concurso, no que competiron a ecotenda Traloagro de Friol coa pulpería Roberto do Carballiño

Excelente acollida da primeira entrega de Negocios de Familia, que este martes colleitou un salientable 8,5 de share na súa estrea, achegando un 12,7% da audiencia da xornada á cadea. Un total de 204.000 persoas contactaron nalgún momento da noite co espazo, producido por Zenit e Grupo El Progreso e no que, cada semana, dúas pequenas empresas familiares pugnarán por un premio económico de 1.500 euros e por mellorar mentres o público se divirte.

Os datos son especialmente destacables dado que o concurso competiu con MasterChef Celebrity, a primeira grande estrea das canles xeralistas nesta nova tempada. Trátase dun formato novidoso no que se califican distintos parámetros, como a atención ao cliente, a organización, a xestión, a comunicación, o futuro ou a traxectoria. "Pero non só chega con ter a mellor empresa, senón que hai que demostrar actitude, xogo, show, sincerade e humor no plató", explica o presentador, Juan Fuentes Loira.

Na estrea enfrontáronse a ecotenda Traloagro de Friol coa pulpería Roberto do Carballiño. O martes próximo Negocios de Familia regresará cun novo programa na TVG ás 22.00 horas. Mentres tanto, Podes ver de novo o espazo premendo no seguinte enderezo: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/negocios-de-familia

Excelente acollida da estrea de 'Negocios de Familia'
Comentarios