Falece Nicolás Camino, a primeira voz que soou na Radio Galega

Encargouse de deseñar a emisora no equipo fundacional xunto ao director, Xosé Luís Blanco
Nicolas Camino. CRTVG
photo_camera Nicolas Camino. CRTVG
Nicolás Camino, a primeira voz que soou na Radio Galega en 1985, faleceu aos 79 anos de idade, segundo informou a propia corporación este sábado.

Camino foi o primeiro xefe de Programas da Radio Galega e encargouse de deseñar a emisora no equipo fundacional xunto ao director, Xosé Luís Blanco.

"Bos días, Galicia. Coa interpretación do noso Himno acaba de empezar as probas técnicas da Radio Televisión de Galicia, a nosa radio", foron as primeiras palabras que se escoitaron o 29 de marzo de 1985, nunha emisión que se realizou desde un piso da rúa Xeneral Pardiñas, en Santiago de Compostela.

Este sábado, os informativos da Radio Galega lembraron a figura de Nicolás Camino, "cuxa voz fíxose inconfundible ao longo daqueles anos e gañouse o agarimo da audiencia con programas como 'Concerto popular ou Así canta Galicia".