jueves. 22.10.2020 |
El tiempo
jueves. 22.10.2020
El tiempo

Galicia lembra a Rosalía no seu día

Páxinas dedicadas a Rosalía de Castro na Enciclopedia Galega
Páxinas dedicadas a Rosalía de Castro na Enciclopedia Galega
Amancio Prada ofrecerá un concerto no aniversario do nacemento da escritora o 24 de febrero de 1837, onde estarán presentes "as mellores musas da insigne poeta, a musa gaiteira, a musa dos pobres e a das sombras tráxicas", tal e como remarca a Real Academia Galega. Desde a Asociación de Escritores en Lingua Galega destacan que a autora de 'Cantares Gallegos' "non conseguiu en vida o recoñecemento que merecía aínda que non foi vencida". "Chegou aos seus últimos días coa arma de escritora na man", resaltou Suso de Toro

Galicia recordará a Rosalía de Castro con diferentes actos durante o aniversario do nacemento da escritora, o 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela. Autora de obras clave da literatura galega como Follas Novas ou Cantares Gallegos, é unha das figuras máis importantes do Rexurdimento.

Entre estas homenaxes destaca a impulsada pola Real Academia Galega (RAG), que celebrará o Día de Rosalía cun concerto de Amancio Prada, que será de entrada libre ata completar o aforo, e no que o músico interpretará composicións da poeta. 

Como chove muidiño, A xusticia pola man ou Campanas de Bastabales serán algúns dos poemas que sonarán este mércores no salón de actos da RAG, a partir das 19.30 horas. Baixo o título Rosalía no son e na voz de Amancio Prada, o acto pretende ser "un regalo do músico berciano no día do aniversario do nacemento de Rosalía', explica a institución académica. Amancio Prada, que publicou en 1975 un disco titulado Rosalía de Castro, ofrecerá unha antoloxía na que estarán presentes "as mellores musas da insigne poeta, a musa gaiteira, a musa dos pobres e a das sombras tráxicas", remarca a RAG.

O pasado domingo a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) tamén rendiu unha homenaxe a Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres, nun acto no que foi lido un manifesto sobre a poetisa.

Suso de Toro lembra a Rosalía como unha persoa "que foi libre, e sabemos que a liberdade hai que pagala e por iso a súa vida foi dura"

No manifesto, titulado Rosalía libre e sen medo ningún e que leu o escritor Suso de Toro, destacábanse as cualidades de Rosalía de Castro, unha persoa "que acabou sendo querida pola xente que ela máis quería, a xente humilde que fixo dela unha bandeira, unha estrela de esperanza".


O autor compostelano calificou á poetisa como unha persoa "que foi verdadeira, que viviu toda a súa vida con verdade e que foi unha persoa libre, e sabemos que a liberdade hai que pagala e por iso a súa vida foi dura".

Suso de Toro afirmou que Rosalía "non conseguiu en vida o recoñecemento que merecía aínda que non foi vencida". "Chegou aos seus últimos días coa arma de escritora na man", resaltou.

Pola súa parte, o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, que abriu o acto, demandou un Panteón de Galegos Ilustres de titularidade pública e de libre acceso.

O acto contou coa actuación da coral da asociación cultural e musical Solfa, que interpretou poemas da propia Rosalía de Castro e de Ramón Cabanillas. Ademais, varias persoas leron algúns poemas rosalianos. Unha ofrenda floral e a interpretación do himno galego pecharon o acto. 

ROSALÍA NO TEATRO. O teatro tamén lembrará a figura de Rosalía de Castro. Farao co espectáculo de monicreques A viaxe de Rosalía, co que se intenta achegar "a vida e a personalidade" da "autora galega máis universal" ao público familiar.

A actriz Larraitz Urruzola, 
co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, será a encargada de levar esta peza por 13 concellos galegos. A peza está pensada para público a partir dos 6 anos, aínda que a actriz destacou en especial a posibilidade de que nenos e maiores xuntos se acheguen á  figura de Rosalía de Castro, dado que "non había nada" con este enfoque orientado ás familias.

A través da Viaxe de Rosalía, grandes e pequenos poderán coñecer á "autora galega máis universal". A peza mostra a unha escritora "feminista, culta, valente e comprometida"

O espectáculo enmárcase na quinta edición do programa FalaRedes, que coordina Política Lingüística a través dos concellos da Rede de Dinamización Lingüística de Galicia.

A proposta combina técnicas de narración oral tradicional e interpretación actoral a cargo de Larraitz Urruzona con monicreques de mesa creados específicamente para a ocasión e música. Durante o espectáculo, os asistentes poderán coñecer "a vida e a personalidade" de Rosalía contada a través da súa madriña, Francisca do Campo, que realiza un percorrido desde a "Rosalía nena" ata a súa vida adulta, pasando por algúns dos seus poemas máis coñecidos.

Escrita e dirixida por Lucho Penabade, a peza mostra a unha Rosalía de Castro "feminista, culta, valente e comprometida" frente a algúns "tópicos", recolle aspectos "cotiáns" da súa vida e evidencia puntos descoñecidos da súa personalidade, como a súa gran afección ao teatro.

XIRA. O espectáculo arrincará o 5 de marzo na localidade coruñesa de Frades e pasará posteriormente por Cerceda, Guitiriz, Mondariz, Padrón, A Lama, Curtis, Mondoñedo, Pontedeume, Ponteareas, Santa Comba y Vilamarín. A última función será o 7 de maio no Rosal. 

Galicia lembra a Rosalía no seu día
Comentarios