Irene Milleiro entra na listaxe de 25 novos líderes sociais de Acumen Fellows en España

A pontevedresa, directora xerente da Fundación Change.org, é a única galega do programa xunto á viguesa Laura Fernández Cascán
A pontevedresa Irene Milleiro. CEDIDA
photo_camera A pontevedresa Irene Milleiro. CEDIDA
A directora xerente da Fundación Change.org, a pontevedresa Irene Milleiro, vén de entrar na listaxe de 25 novos líderes sociais que formarán parte do programa Acumen Fellows 2021 en España. Esta iniciativa púxose en marcha en Nova York en 2007 co financiamento da Fundación Rockefeller e co obxectivo de xuntar a líderes de distintos países que aspiran a mellorar o mundo. O pasado 20 de febreiro, Día Internacional da Xustiza Social, foi cando se deron a coñecer os 25 nomes que entran a formar parte da segunda edición do programa en España. Milleiro é a única galega xunto coa directora de financiamento combinado e innovación en Future of Fish (ONG que traballa con pescadores a pequena escala), a viguesa Laura Fernández Cascán.

Desta maneira, a fundadora da plataforma de peticións cidadás Change.org pasa a convertirse nun referente do liderado social en España. "Las 25 personas seleccionadas entre más de 300 candidatos recibirán una formación en liderazgo que les permitirá impulsar sus capacidades para generar soluciones a los problemas sociales más complejos de nuestra época", explican os responsables do proxecto. No caso de Milleiro, foi elixida, segundo sinalan, polo seu activismo cidadán en América Latina, Asia e África. "Anteriormente fue directora de campañas de Change.org en España y directora de campañas y estudios de Oxfam Intermón, y trabajó en el departamento de Derechos Humanos de la Comisión Europea en Bruselas", destacan.

Entre o resto dos seleccionados polo programa están o director de investimentos de Mapfre, Alberto Matellán; o director de sostibilidade de Danone, Borja Lafuente; o Ceo de Ayuda en Acción, Fernando Mudarra, e a responsable de Alianzas Oxfam Intermon, Mariona González. "Todos comparten un objetivo común: el reto de generar un cambio sistémico en la sociedad, con el fin de resolver desafíos que van desde la igualdad al cambio climático", rematan dende o programa.

Comentarios