miércoles. 11.12.2019 |
El tiempo
miércoles. 11.12.2019
El tiempo

''Me encanta tocar en la orquesta; lo malo es madrugar los domingos para ir a dar misa''

Porque festa e relixión sempre camiñaron da man en Galicia, Juan Carlos Martínez Mariño (Noia, 1976) non o pensou dúas veces cando os seus veciños e feligreses lle propuxeron integrarse nunha orquestra que toca en playback e que naceu como parodia á mítica París de Noia. Tras a súa guitarra, este cura do municipio coruñés de Oza dos Ríos non deixa de velar polos demais ao levar a festa a aquelas parroquias que non se poden permitir tela.

Pregunta: Como xurdiu o convertirse en integrante da París de Oza?

Resposta: Eu coñecía os membros, que son de aquí da parroquia, e animáronme a acompañalos, aínda que nunca pensei que iamos ter tantas actuacións.

P: Cando xurdiu este proxecto?

R: Naceu en 2000 como imitación á grande París de Noia, aínda que logo desapareceu ata hai dous anos cando, no Entroido de 2007, o fundador, Juan Carlos Pérez, volveu xuntar xente e comezamos a actuar o verán pasado.

P: Cal é o seu obxectivo?

R: O que queriamos desde un principio é que as parroquias pequeniñas da zona que non teñen presuposto para contratar unha orquestra nomal non deixasen de ter festa por culpa diso.

P: Ao final vén sendo case como unha labor social...

R Si, porque o noso obxectivo é levar a festa a onde non pode habela, por exemplo a moitos lugares onde a maioría da xente é maior e non hai mozos para formar unha comisión de festas. Por iso eu sempre digo que vimos sendo unha orquestra ONG.

P: Cal é o seu papel nela?

R: Eu toco o baixo e a guitarra, bueno fago que toco, porque todo é riguroso playback (risas).

P: É curioso que ningún membro da orquestra é músico...

R: Ningún. En total somos 18 membros e ningún vive da orquestra. Hai albaneis, escaiolistas, amas de casa, xardineiros e un cura.

P: A quen xa o coñecen como o cura verbeneiro.

R: Si, e no bo sentido da palabra non me parece mal. Sempre me gustaron as orquestras e as verbenas, ás que xa ía de pequeno cos meus pais. Agora estou encantado porque me divirto moito.

P: Canto cobran por actuación?

R: Uns mil euros pola sesión vermú e máis a noite. E tendo en conta que alugamos o palco e a cabeza tractora e todo o que gastamos en adquirir os instrumentos... De feito, os que facemos de músicos nin sequera cobramos nada. O que si facemos é, finalizado o verán, investir o que nos queda –porque nos mil euros tamén hai que incluír a comida e a cea– en irmos xuntos de fin de semana. O ano pasado fomos a Asturias e este pensamos ir a Segovia.

P: Cantas actuacións tiveron du-rante este verán?

R: Contratamos 14 e practicamente todas aquí na zona, xa que só nos desprazamos nunha ocasión ao Carballiño e noutra, a Cospeito.

P: Resulta difícil saber de onde saca o tempo tendo en conta que atende vostede 16 parroquias...

R: ¡E ademais son capelán do cárcere de Teixeiro! Normalmente ás sesións vermú non podo ir polas actividades pastorais, pero súmome á noite. O que custa un pouco ás veces é logo madrugar os domingos para ir dar a misa porque o cansanzo chégame, pero todo é cuestión de ter forza de vontade, e de pasar a tarde do domingo durmindo, claro (risas).

P: ¿Que lles parece aos seus fregueses a súa afección verbeneira?

R:  Pois moi ben. Está aceptado totalmente e trátaseme como un membro máis da banda. A xente dime que está ben que forme parte desta iniciativa cos veciños.

P: Agora que a campaña de verán está chegando ao seu fin, toca volver aos ensaios.

R: Si, adoitamos reunirnos un par de horas unha vez á semana para preparar o repertorio que temos, dunhas corenta cancións, aínda que os que máis teñen que ensaiar son os que cantan, porque son os que bailan e teñen que preparar as coreografías.

''Me encanta tocar en la orquesta; lo malo es madrugar los domingos...
Comentarios