Los docentes critican que no se va a cumplir el 50% de las materias en galego

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística (CGENDL) manifesta que o comezo do curso arrinca "cun ambiente de malestar xeral e indignación" por parte dos docentes, segundo o seu responsable de medios, Miguel Louzao Outeiro.

"Agardamos unha actuación responsable cara a lingua por parte dos mestres e da consellaría, de xeito que se perxudique o menos posible o galego", subliña Louzao, que exerce como mestre de lingua galega no CEIP Aurelio Rei de Cuntis e que confirma que polo de agora "non pensamos tomar ningunha medida, confiamos no bo criterio de ambas partes".

"Non se vai acadar o 50% das materias impartidas en galego", denuncian os Equipos de Normalización Lingüistica, xa que nin sequera recibirá o terzo que lle tocaría nos centros plurilingüe.

"Son as materias que son de obrigada impartición en galego as que maioritariamente se pasan a dar en inglés" incurrindo, segundo a plataforma, no incumprimento da Lei Orgánica de Educación que garante a competencia lingüistica nas dúas linguas, galego e castelán.

Dende a Coordinadora Galega da ENDL denuncian que a posta en marcha do Decreto do Plurilingüismo supón "derramar cartos en tempos de crise e crear problemas onde non os había" ao inicio do novo curso 2010-2011.

Dificultades e derroche
"Impónselle o castelán aos docentes facendo caso omiso das leis superiores que promoven a normalización do galego", recalca a plataforma e engade que "ocasiona numerosas dificultades nos centros" ao teren que deseñar proxectos lingüisticos pensados por "quen descoñece a realidade dos colexios".
 
A Coordinadora dos ENDL afirma que "faltan materiais en lingua galega" nas aulas posto que a nova lexislación contempla a existencia de material docente en galego e castelán para asegurar a liberdade de escolla; porén "o material en lingua galega escasea" incurrindo nunha "discriminación do galego", tal e como afirma o colectivo.

Asimesmo critican que "a Consellería de Educación malgasta fondos públicos no novo desembolso que debe facer para a compra de novos libros" en castelán mentres que os anteriores estaban aínda vixentes. Mesmo aseguran que en algúns centros, malia decidir prescindir de libro, os manuais escolares en castelán aparecen nas bolsas gratuítas das familias "curiosamente".

Comentarios