Sábado. 25.05.2019 |
El tiempo
Sábado. 25.05.2019
El tiempo

Letizia Ortiz, 'la princesa cerilla'

Son tempos de guerra. España vive asediada polas malas linguas de media Europa. Os alemáns xogan a afundirnos por motivos económicos, que é malo. Pero, para un país que vive mirando a unha pelota, foi peor o ataque da prensa sensacionalista seria de Gran Bretaña (The Times) a Sara Carbonero.

Agora os daneses súmanse ao eixo do mal e cargan duramente contra Dona Letizia, cousa que Jaime Peñafiel estará celebrando. Co gallo do enlace de Victoria de Suecia, os medios daquel país destacan a delgadeza da Princesa. A maioría deles insinúa que é moi estilosa e elegante pero que, como diriamos aquí, viríalle moi ben un bocadillo de chourizo.

Porén, o xornal B.T. cruzou o Rubicón dedicándolle unha información completa á “enfermiza” e con aspecto “nada saudable” Letizia Ortiz. Todo isto baixo o titular de 'A princesa misto sorprendeu na voda'. Xogan co concepto de que a súa cabeza e como o fósforo: o máis ancho do corpo dun misto. Intentan ser graciosos, pero xa que falan de mistos hai que dicir que xogaron con lume e queimáronse.

Por que? Pois porque se foran certas as especulacións que barallan sobre unha posible anorexia, non semella razoable facer chistes cunha enfermidade que fai auténticos estragos.

Ao final vai resultar que en España os medios do cuxé non están tan mal. Vale: Sálvame, DEC e cía. son fusilables, pero sería case imposible pensar que ata xente con cancro de alma (como definira Giménez Arnau a Umbral) do talle de Mariñas chegue algún día a falar dunha desorde alimentaria non probada para decorala con comentarios tan fondos como: “Mira que brazos tan fracos, iso non pode ser bo”.

Outras novas reais
As monarquías europeas déixannos esta semana outras dúas novas. A primeira é que Nicolas de Grecia e Tatiana Blatnik xa teñen data para a súa voda: o 25 de agosto. A segunda, que o ex prometido de Magdalena de Suecia agarda un fillo cunha compañeira de traballo. Visto o visto, Magdalena librouse dun bo peixe.

Letizia Ortiz, 'la princesa cerilla'
Comentarios