Más distancia entre la infanta y Marichalar

O accidente que sufriu Froilán o luns, cando se lle disparou a escopeta que portaba, puxo de manifesto as nulas relacións que hai entre a infanta Elena e Jaime de Marichalar, que non saíron xuntos para atoparse coa prensa que
esperaba ás portas da clínica.

Só apareceron a Raíña e a súa filla, que minimizaron o contratempo e ata a infanta chegou a botar balóns fóra: ''Eu non estaba con el; estaba só co seu pai''. Esta frase poderíase evitar se o ex estivese alí con ela. Non só non a acompañou, senón que despois Marichalar saíu por outra porta.

Nestes momentos o anoxo da infanta é importante, porque todo derivaría dunha imprudencia do seu ex, ao deixar que un neno de 13 anos dispare cunha escopeta cando a lei só o permite a partir dos 14 anos e cunha licenza especial. E non era a primeira vez, senón que desde hai anos Froilán acode ao Club de Tiro Cantoblanco co pai para facer tiro ao prato.

A infanta Elena era coñecedora diso. Pero o escándalo público, ademais do susto, provocaron nela un enfado considerable. O médico de Soria que atendeu a Froilán deu parte ao xuíz e este informou a Garda Civil. Agora, Marichalar terá que declarar.

Segundo El Mundo, Froilán amosouse preocupado polas consecuencias do seu acto ao chegar ao hospital, no que dixo: ''O avó vaise anoxar moito; é culpa miña; meu pai nada ten que ver...''.

Ata agora, a inexistente comunicación entre os proxenitores non transcendera, pero si se sabía que moitas veces Marichalar se queixou da intransixencia da súa ex á hora de modificar o réxime de visitas dos fillos. Por exemplo,
no Nadal tivo que reorganizar as vacacións varias veces. Por outra banda, o Príncipe visitou onte a Froilán.

Comentarios