domingo. 24.10.2021 |
El tiempo
domingo. 24.10.2021
El tiempo

El BNG quiere saber por qué Feijóo no se reúne con 'Queremos galego'

O portavoz en materia lingüística e deputado do BNG, Bieito Lobeira presentou unha iniciativa parlamentaria ante a negativa do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a recibir a Plataforma 'Queremos galego' para analizar a situación da lingua galega. O BNG quere saber ''cales son as razóns que motivaron a negativa de Núñez Feijoo a dialogar coa  Plataforma 'Queremos Galego''' sobre o papel da administración pública galega así como as medidas que se adoptarán no futuro a respecto do idioma.

Dende o BNG afírmase que o presidente da Xunta ''trata o idioma galego como un dialecto''  e que o Goberno que dirixe ''retrocede e involúe a política lingüística como nunca fixo un goberno nos trinta anos de andaina autonómica''.

Lobeira lembra que ''foi precisamente 'Queremos galego' quen convocou unha multitudinaria manifestación o pasado día 23 de outubro que congregou en Santiago de Compostela a miles de persoas chegadas de todos os puntos xeográficos de Galicia''. O deputado nacionalista engadiu que a mobilización do 18 de outubro foi ''a máis numerosa en toda a historia da nosa nación''.

A xuízo de Lobeira ''parece que isto non é suficiente para que o Presidente da Xunta reciba a 'Queremos galego''' e considera ''inexplicable'' a actitude de Núñez Feijóo. Considéraa ''unha mostra máis da política de exterminio da lingua galega''. Finalmente, Lobeira acusa ao presidente da Xunta de ''covarde'' por esta decisión e agarda que reconsidere a súa postura e se reúna cunha entidade ''defensora da nosa lingua''.

El BNG quiere saber por qué Feijóo no se reúne con 'Queremos galego'
Comentarios
ç