Pelos a la última

Si quieres saber cuáles son los cortes y estilos que más se van a llevar este 2019, sigue leyendo

ANO NOVO, vida nova. O inicio do ano sempre é un bo momento para cambiar de look cun corte de pelo. Xa sexa máis radical ou máis discreto, traémosche os estilos que máis veremos durante o 2019.

RAPADO. Os cortes de estilo masculino, os rapados e os pixies marcan esa fronteira que só as máis atrevidas atrévense a cruzar. ¿Pero por que non intentalo? Son sinxelos de levar, de coidar e de peitear. E quedan ben á maioría de tipos de rostro. ¿Que máis se lle pode pedir a un corte de pelo?

BAIXO AS ORELLAS. Microbob, flapper ou o corte estilo Cleopatra —ao que se apuntou Taylor Swift— entran dentro desta categoría. é unha boa forma de sanear o pelo, pero sen levalo moi curto. Aínda que se queres arriscarche máis e probar con algo ultramoderno, imita o peiteado desigual de Úrsula Corberó: co pelo curto na parte superior e algo máis crecido na zona da caluga.

MELENA: VERSIÓN MEDIA E XXL. Neste terreo, o corte bob é o protagonista en todas as súas formas: long, clásico, moi recto, con textura... Os shag setenteiros, os midi e a media melena clásica tamén levarán moito este ano. A melena longa é a nunca pasa de moda. Xa sexa con flequillo recto ou cortina, raia ao medio ou ao carón, a capas ou recta, rizada, con ondas ou lisa como unha táboa... sempre será protagonista. Un único apuntamento: non esquezas que este longo necesita máis coidados.