viernes. 13.12.2019 |
El tiempo
viernes. 13.12.2019
El tiempo

Na procura dos mellores youtubers en galego

O prazo para participar en 'Youtubeir@s' está aberto ata o 15 de marzo
O prazo para participar en '[email protected]' está aberto ata o 15 de marzo

A iniciativa [email protected]s celebra a súa segunda edición, na que repartirá 5.500 euros en premios 

 

O fenómeno dos youtubers está xa moi estendido. Aproveitando a capacidade de influencia que teñen os personaxes que se volven referentes nesta rede social, o proxecto [email protected] pretende impulsar a normalización do idioma propio de Galicia. 

En busca de youtubers que falen galego, esta iniciativa celebra este ano a súa segunda edición, organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago, Teo e O Grove, polas universidades da Coruña, Compostela e Vigo e pola Deputación da Coruña. 

"Somos conscientes de que fai máis Miriam —finalista de Operación Triunfo— cantando en galego que moito do que poidan facer os servizos de normalización", recoñece Mónica Fernández, coordinadora de [email protected] s.
 
TIPOS DE YOUTUBERS. O proxecto [email protected] nace co obxectivo de promover e visibilizar o uso do galego con vídeos de opinión e  videotutoriales a través de  YouTube. 

En declaracións a Europa  Press, Mónica Fernández explica que as temáticas son "moi variadas" e que a iniciativa non está copada polos máis novos, aínda que si que son maioría. 

Desde youtubers que se dedican a explicar receitas de cociña, explica, ata outros que fan análise da situación política en Cataluña, pasando por un mariñeiro que conta como é a pesca de centolas, alguén que ensina a elaborar xoguetes ou que recomenda series e persoas que dan instrucións para mellorar a maquillaxe.

PRAZOS E PREMIOS. Pode participar todo aquel maior de 14 anos que queira transmitir algún coñecemento ou opinar sobre algún asunto de interese a través de vídeos autoproducidos subidos a YouTube de forma independente ou nunha canle. 

Iso si, todos os vídeos participantes teñen que estar publicados con data posterior ao 28 de abril de 2017 na plataforma e cos hashtag #youtubeiras #youtubeiros na descrición. 

O prazo para inscribir os vídeos e canles no premio [email protected] empezou o pasado 1 de decembro e remata o próximo 15 de marzo. 

Existen tres categorías: vídeo- facermos, que mostra saberes e procesos de elaboración a través dun  tutorial para que outra xente poida aprender; vídeo- opinarmos, que expón unha valoración acerca dun tema de interese; e canle, na que se terá en conta a traxectoria e capacidade de repercusión. 

En canto aos galardóns, o premio ao mellor vídeo- facermos levará 1.000 euros, outros 1.000 irán ao mellor vídeo- opinarmos e outros 1.000 á mellor canle, e existen outros cinco premios dotados de 500 euros cada un para recoñecer a creatividade, a eficiencia comunicativa, a calidade técnica, a  lingüística e o premio do público (a denominada #propostayoutubeira).

TALLERES. Pero, ademais dos galardóns, o proxecto tamén ofrece seis talleres nos centros socioculturais do Concello de Santiago. Con 15 prazas en cada un, serán impartidos pola produtora creativa Illa Bufarda e os participantes deberán levar os seus propios aparellos. 

Na procura dos mellores youtubers en galego
Comentarios