Radón, un enemigo invisible en casa

Entre un 17 e un 20% das vivendas galegas conteñen radón nunha porcentaxe perigosa, superior aos 200 bequerelios, o límite a partir do cal se considera a súa presenza de alto risco. Para moitos descoñecido, este gas nobre radioactivo ten incidencia ata nun 25% dos cancros de pulmón, e naqueles nos que non inflúe o tabaco asume o 100% da responsabilidade.

En Galicia, a súa presenza é maior pola cantidade de granito que hai, principalmente, no subsolo de Pontevedra e Ourense. E é que esta rocha formada por cuarzo, feldespato e mica tamén contén elementos como uranio. Este pode converterse en radio e, por descomposición, chégase ao radón. Radioactivo e gasoso, este inimigo inoloro, incoloro e insípido atópase de forma insospeitada en centos de fogares galegos. Concretamente, segundo os cálculos do Laboratorio de Radón de Galicia, unhas 456.000 persoas poderían estar en risco de exposición crónica na súa residencia. Sucede cando se superan os 200 bequerelios por metro cúbico. E o 35% das vivendas galeas atópase en áreas problema, aquelas con máis do 10% das casas superan por riba desta cifra (ver info).

Segundo as recomendacións da UE, non se deberían construír casas sobre este límite, aínda que para as elevadas antes de 1990 a concentración máxima recomendada é de 400. Pero en Galicia hai casos abraiantes. En Santiago, unha vivenda medida durante tres meses deu unha media de 1.400 bequerelios, con picos de ata 7.600 dependendo da hora. Foi reducida cunha presurización –meter aire e sacalo de debaixo da casa– ata os 700. Noutra en Lugo conseguiron rebaixar a presenza do radón nun 99%, ata os 46 bequerelios.

A fracturación do solo e a súa composición granítica fai que o radón se eleve ata os fogares. Chega por inhalación aos pulmóns facendo que as súas partículas alfa radioactivas se adhiran ao epitelio das vías respiratorias, podendo danar o ADN e provocando cancro. O problema é maiúsculo e a prevención, case nula polo desinterese das autoridades. Nas casas por construír, o impacto redúcese cun illamento correcto entre vivenda e solo e nas xa existentes é vital a xestión eficaz da ventilación e a extracción do gas do subsolo.

Medición
Pero antes diso hai que saber se a vivenda é perigosa. As medicións que realiza o Laboratorio de Radón en Galicia xa non están subvencionadas, aínda que o seu custo é asumible: desde uns 80 euros pódese alugar un detector similar a unha botella de plástico que en tres meses dá resultados. É o primeiro paso para previr a incidencia deste inimigo invisible do pulmón.

As 28 bisbarras galegas con máis concentración de radón
Considérase unha área problema cando o 10% das vivendas están por riba dos 200 bequerelios por métro cúbico. Por comarcas, son A Barcala (28,2%), Bergantiños (24,6), Betanzos (10,3), Muros (36), Santiago (21,7), o Sar (38) e Xallas (23,5), na Coruña; Vigo (30,5), O Salnés (50), Pontevedra (20), A Paradanta (100), O Morrazo (36,4), O Condado (40) e Caldas (14), en Pontevedra; Viana (66,7), Verín (64,7), Valdeorras (30,4), Trives (100), Celanova (15,4), Terra de Caldelas (66,7), O Ribeiro (19,2), Ourense (19,4), A Limia (15), A Baixa Limia (28,6) e Allariz-Maceda (35,3), en Ourense; e Terra de Lemos (50), Quiroga (50) e Chantada (16,7), en Lugo. Os datos son de setembro de 2012, con 2.977 domicilios medidos.

A CORUÑA

Concello % (medicións)
Touro 13,3 (15)
Boiro 16,2 (37)
Rianxo 11,1 (36)
Ribeira 11,6 (43)
A Baña 27,8 (18)
Negreira 28,6 (21)
Carballo 32,3 (31)
Laxe 100 (1)
Ponteceso 75(4)
Coirós 20 (5)
Paderne 50 (4)
Vilasantar 50 (2)
Arteixo 11,5 (26)
Bergondo 33,3 (3)
Cambre 11,8 (17)
Culleredo 10 (20)
Oleiros 10,5 (19)
Sada 10 (10)
Ares 50 (4)
Fene 16,7 (12)
Neda 33,3 (3)
Muxía 16,7 (6)
Carnota 50 (6)
Muros 31,6 (19)
Outes 12,5 (16)
Trazo 10 (10)
Ames 37,8 (45)
Brión 46,7 (15)
Santiago 15,8 (221)
Teo 36,4 (55)
Vedra 14,3 (7)
Dodro 57,1 (7)
Padrón 40,6 (32)
Rois 18,2 (11)
Santa Comba 30,4 (23)

OURENSE
Concello % (medicións)
Baños de Molgas 50 (4)
Paderne de Allariz 100 (1)
Maceda 75 (4)
Lobeira 50 (2)
Lobios 40 (5)
Muiños 50 (2)
Boborás 33,3 (3)
Calvós de Randín 100 (1)
Sarreaus 50 (2)
Xinzo de Limia 16,7 (6)
Amoeiro 16,7 (6)
Esgos 50 (2)
Nogueira de Ramuín 25 (4)
Ourense 15,1 (93)
Pereiro de Aguiar 42,9 (7)
A Peroxa 50 (2)
San Cibrao das Viñas 25 (8)
Toén 40 (5)
Vilamarín 66,7 (3)
Carballeda de Avia 50 (2)
Castrelo do Miño 33,3 (3)
Cenlle 100 (2)
Ribadavia 16,7 (6)
Castro Caldelas 50 (2)
Montederramo 100 (1)
A Teixeira 100 (2)
Padrenda 100 (3)
Ramirás 33,3 (3)
A Pobra de Trives 100 (2)
O Barco 12,5 (8)
O Bolo 100 (2)
Carballeda de Valdeorras 100 (1)
A Rúa 66.7 (3)
A Veiga 20 (5)
Castrelo do Val 100 (1)
Cualedro 100 (3)
Oímbra 100 (1)
Riós 100 (1)
Verín 80 (5)
Vilardevós 33,3 (3)
A Gudiña 100 (1)
A Mezquita 100 (2)
Viana do Bolo 33,3 (3)

LUGO
Concello % (medicións)
Carballedo 66,7 (3)
Castroverde 20 (5)
Corgo 12,5 (8)
Lourenzá 33,3 (3)
Viveiro 11,1 (9)
Xove 66,7 (3)
Quiroga 50 (2)
O Saviñao 100 (1)
Sober 100 (1)

PONTEVEDRA
Concello % (medicións)
Tui 20 (10)
Moraña 33,3 (6)
Pontecesures 33,3 (6)
Valga 20 (15)
Ponteareas 30 (10)
Salvaterra do Miño 60 (5)
Rodeiro 22,2 (9)
Cangas 57,1 (7)
Marín 33,3 (12)
A Cañiza 100 (1)
Campo Lameiro 100 (1)
Poio 28,6 (7)
Pontevedra 22,7 (44)
Cambados 33,3 (6)
O Grove 100 (1)
Meaño 100 (5)
Meis 100 (1)
Ribadumia 100 (1)
Sanxenxo 60 (5)
Vilagarcía de Arousa 38,9 (18)
Vilanova de Arousa 22,2 (9)
Illa de Arousa 100 (2)
Baiona 14,3 (7)
Fornelos dos Montes 100 (2)
Gondomar 50 (10)
Mos 73,7 (19)
Nigrán 50 (10)
Salceda de Caselas 50 (4)
Vigo 23,1 (134)

* Fonte: Laboratorio de Radón en Galicia

Comentarios